Diferenzas entre revisións de «Carlos I de Austria»

O [[24 de marzo]] de [[1921]] o ex-emperador Carlos abandonou secretamente [[Suíza]] e dende alí viaxou secretamente a Hungría cun pasaporte español falso<ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 463</ref> para restaurar a [[monarquía]] húngara e ser proclamado rei, alegando que podería contar con apoio do goberno francés para iso. Tras desprazarse a [[Estrasburgo]] en automóbil tomou un tren para Viena como diplomático español, pasando noite na casa dun conde húngaro e viaxando o [[Sábado Santo]] á fronteira húngara en taxi como funcionario da cruz vermella británica. <ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 463</ref>
 
O [[Domingo de Resurrección]] viaxou a Budapest e logrou reunirse en segredo co [[Miklós Horthy|almirante Horthy]] quen nunha discusión persoal rexeitou apoiar esta pretensión <ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 463</ref> alegando que, pola contra [[Francia]] e [[Gran Bretaña]] se opoñerían a tal proxecto, mentres os Gobernos da [[Pequena Entente]], anunciaban estar dispostas a invadir Hungría e ocupar [[Budapest]] coas súas tropas para impedir a restauración dun Habsburgo no trono (que, segundo temían, podería intentar o restablecemento do [[Imperio Austrohúngaro]] e ameazar a independencia dos seus países). Ambos os dous personaxes acordaron suspender a súa conversación tres semanas, para achar unha solución, pero mentres tanto os nacionalistas húngaros temían que a coroación de Carlos significase resucitar o predominio austríaco sobre Hungría e lograron que o [[parlamento]] maxiar impedise a restauración de Carlos.<ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 464</ref> ElO mesmo día, a xunta de embaixadores da Entente, reunida en París, declaraba a súa oposición a aceptar as restauración. <ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 464</ref> Ante iso o exemperador (que ao parecer só esperaba ser chamado para reinar ao vencer o prazo de tres semanas) retirouse de [[Hungría]] o [[4 de abril]],<ref>[[#Bibliografía|Roucek (1982)]], páx. 464</ref> sentíndose traizoado por [[Miklós Horthy|Horthy]].
 
Ao seu regreso a Suíza, o Goberno do país endureceu as súas condicións para darlle asilo que debía de ser, en todo caso, temporal. A comezos de maio, a familia trasladouse ao pazo de Hertenstein. Horthy mantiña a súa actitude ambigua co ex-emperador.
244.296

edicións