Diferenzas entre revisións de «Cor dos ollos»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Iris close-up.jpg|miniatura|O [[Iris (anatomía)|Iris]] do ollo dálle cor aos ollos.]]
 
A '''cor dos ollos''' é un carácter [[fenotipo|fenotípico]] [[carácter polixénico|polixénico]], é dicir, no que interveñen varios [[xene]]s, e que está determinado por dous factores: a [[pigmento biolóxico|pigmentación]] do [[Iris (anatomía)|iris]] do [[ollo]] <ref name=Wielgus>{{Cita publicación periódica |author=Wielgus AR, Sarna T |title=Melanin in human irides of different color and age of donors |journal=Pigment Cell Res. |volume=18 |issue=6 |pages=454–64 |year=2005 |pmid=16280011 |doi=10.1111/j.1600-0749.2005.00268.x}}</ref><ref name=Prota>{{Cita publicación periódica |author=Prota G, Hu DN, Vincensi MR, McCormick SA, Napolitano A |title=Characterization of melanins in human irides and cultured uveal melanocytes from eyes of different colors |journal=Exp. Eye Res.|volume=67 |issue=3 |pages=293–9 |year=1998|pmid=9778410 |doi=10.1006/exer.1998.0518}}</ref> e a [[dispersión de Rayleigh|dispersión]] da luz causada pola turbidez do medio no estroma do iris.<ref name="Fox">{{cita libro |autor= Fox, Denis Llewellyn |título=Biochromy: Natural Coloration of Living Things |editor= University of California Press |ano= 1979 | páxinas=9| url=http://books.google.com/books?id=c2xyxwlm2UkC&pg=PA9 |isbn= 0-5200-3699-9}}[http://books.google.com/books?id=c2xyxwlm2UkC&pg=PA9]</ref>
 
Nos humanos, a pigmentación do iris varía do castaño claro ao castaño moi escuro case negro, dependendo de tres cousas: a concentración de [[melanina]] no [[epitelio]] pigmentario do iris (localizado na parte posterior do iris), o contido de melanina do [[estroma (tecidos)|estroma]] do iris (situado na parte anterior do iris), e a densidade celular do estroma.<ref name="Wang">{{Cita publicación periódica |author=Huiqiong Wang, Stephen Lin, Xiaopei Liu, Sing Bing Kang |title=Separating Reflections in Human Iris Images for Illumination Estimation |journal=Tenth IEEE International Conference on Computer Vision |volume=2 |pages=1691–1698 |year=2005 |url=http://citeseerx.ist.psu.edu/viewdoc/summary?doi=10.1.1.87.418 | doi=10.1109/ICCV.2005.215 |isbn=0-7695-2334-X}}</ref> O aspecto dos ollos azuis, verdes, e abelás débese á [[dispersión de Rayleigh]] da luz no estroma, un fenómeno similar ao que orixina que o ceo do noso planeta sexa azul. No ollo humano non hai pigmentos azuis nin verdes.<ref name="Fox" /><ref name="Mason">{{Cita publicación periódica |last=Mason |first=Clyde W. |title=Blue Eyes |journal= Journal of Physical Chemistry | volume=28 |issue=5 |pages=498–501 |year=1924 | doi=10.1021/j150239a007}}</ref> A cor dos ollos é un exemplo de [[cor estrutural]] (cor causada por interferencias máis que por pigmentos) e varía dependendo das condicións luminosas, especialmente para os ollos claros.
 
Os ollos moi coloreados de moitas [[aves]] orixínanse pola presenza de diversos pigmentos, como [[pteridina]]s, [[purina]]s, e [[carotenoide]]s.<ref name="Oliphant 1">{{Cita publicación periódica |author=Oliphant LW |title=Pteridines and purines as major pigments of the avian iris |journal=Pigment Cell Res. |volume=1 |issue=2 |pages=129–31 |year=1987 |pmid=3507666 |doi=10.1111/j.1600-0749.1987.tb00401.x}}</ref> Os seres humanos e outros animais presentan moitas variacións [[fenotipo|fenotípicas]] na cor dos ollos.<ref name="Morris">Morris, PJ. [http://www.athro.com/evo/gen/eyecols.html "Phenotypes and Genotypes for human eye colors."] Athro Limited website. Retrieved May 10, 2006.</ref> A xenética da cor dos ollos é complicada, e a cor está determinada por múltiples [[xene]]s ([[carácter polixénico]]). Algúns dos xenes para a cor dos ollos son: ''EYCL1'' (un xene para a cor dos ollos verde/azul situado no [[cromosoma 19]]), ''EYCL2'' (xene para a cor dos ollos castaña) e ''EYCL3'' (xene para a cor dos ollos castaña/azul localizado no [[cromosoma 15]]). Antes pensábase que os ollos azuis eran un [[carácter recesivo]] simple, pero hoxe sabemos que iso é incorrecto. A xenética da cor dos ollos é tan complexa que case pode darse calquera combinación de cores pais-fillos.<ref>[http://www.sciencedaily.com/releases/2007/02/070222180729.htm No Single Gene For Eye Color, Researchers Prove]. Sciencedaily.com (2007-02-22). Retrieved on 2011-12-23.</ref><ref>{{cite web|author=October 19, 2011 |url=http://www.medterms.com/script/main/art.asp?articlekey=25003 |title=Eye color definition – Medical Dictionary definitions of popular medical terms easily defined on MedTerms |publisher=Medterms.com |date=2003-10-29 |accessdate=2011-10-19}}</ref> O polimorfismo do xene [[OCA2]], próximo á rexión regulatoria proximal [[extremo 5'|5′]], explica a maioría das variacións na cor dos ollos humanos.<ref name=OCA2>{{Cita publicación periódica |title=A three-single-nucleotide polymorphism haplotype in intron 1 of OCA2 explains most human eye-color variation |journal=Am. J. Hum. Genet. |volume=80 |issue=2 |pages=241–52 |year=2007|pmid=17236130 |pmc=1785344 |doi=10.1086/510885 |last1=Duffy |first1=David L. |last2=Montgomery |first2=Grant W. |last3=Chen |first3=Wei |last4=Zhao |first4=Zhen Zhen |last5=Le |first5=Lien |last6=James |first6=Michael R. |last7=Hayward |first7=Nicholas K. |last8=Martin |first8=Nicholas G. |last9=Sturm |first9=Richard A.}}</ref>
 
== Determinación xenética da cor dos ollos ==
[[Ficheiro:Сиамская кошка.jpg|miniatura|dereita|150 px|[[Gato siamés]] de ollos azuis.]]
[[Ficheiro:FrankieakaLogan.jpg|miniatura|dereita|150 px|Nun zoolóxico de Australia teñen o primeiro [[coala]] de ollos azuis nacido en catividade.<ref>[http://www.adelaidenow.com.au/worlds-only-blue-eyed-koala/story-e6frea6u-1111115302021 Blue eyed Koala]. Adelaidenow.com.au (2008-01-11). Retrieved on 2011-12-23.</ref>]]
Nos humanos, o patrón hereditario dos ollos azuis considérase similar ao dun carácter [[recesivo]] (pero tendo en conta que, a herdanza da cor dos ollos é de tipo [[carácter polixénico|polixénico]], é dicir, está controlada pola interacción de varios xenes).<ref name=Grant/> En 2008, novas investigacións suxeriron que as persoas con ollos azuis teñen un devanceiro común. Os científicos trataron de rastrexar a mutación xenética que orixinou os ollos azuis. Un dos investigadores, Hans Eiberg da Universidade de [[Copenhague]], afirma que "orixinalmente, todos tiñamos ollos castaños".<ref name="msnbc.msn.com">{{Cita novas|first=Jeanna|last=Bryner|title= Genetic mutation makes those brown eyes blue|publisher=[[MSNBC]]|date=2008-01-31|accessdate=2009-10-19|url=http://www.msnbc.msn.com/id/22934464/}}</ref> Eiberg e outros indicaron nun estudo publicado en ''Human Genetics'' que unha [[mutación]] no [[intrón]] 86 do xene ''[[HERC2]]'', que se hipotetiza que interacciona co [[promotor (xenética)|promotor]] do xene ''OCA2'', reduciu a expresión do ''OCA2'' causando unha redución na produción de melanina.<ref name="blue mutation">{{Cita publicación periódica |title=Blue eye color in humans may be caused by a perfectly associated founder mutation in a regulatory element located within the HERC2 gene inhibiting OCA2 expression |journal=Hum. Genet. |volume=123 |issue=2 |pages=177–87 |year=2008 |pmid=18172690 |doi=10.1007/s00439-007-0460-x |last1=Eiberg |first1=Hans |last2=Troelsen |first2=Jesper |last3=Nielsen |first3=Mette |last4=Mikkelsen |first4=Annemette |last5=Mengel-From |first5=Jonas |last6=Kjaer |first6=Klaus W. |last7=Hansen |first7=Lars}}</ref> Os autores conclúen que a mutación puido orixinarse nun só individuo que vivía probablemente na parte noroccidental da rexión do [[mar Negro]] (na zona da moderna [[Romanía]]) hai entre 6.000 e 10.000 anos durante o [[Neolítico]].<ref name=msnbc.msn.com/><ref name="blue mutation"/><ref name="telegraph.co.uk">{{Cita novas| url=http://www.telegraph.co.uk/science/science-news/3323607/Blue-eyes-result-of-ancient-genetic-mutation.html | location=London | work=The Daily Telegraph | title=Blue eyes result of ancient genetic 'mutation' | first=Roger | last=Highfield | date=2008-01-30|accessdate=2011-10-19}}</ref> Eiberg afirmou:
<blockquote>"Unha mutación xenética nos nosos cromosomas que afectou ao xene OCA2 orixinou a creación dun "interruptor", que literalmente "apagou" [desactivou] a capacidade de producir ollos castaños. Este interruptor xenético está localizado no xene adxacente ao OCA2 e máis que desactivar completamente o xene, o que fai é limitar a súa acción, o que reduce a produción de melanina no iris. De feito, o interruptor apagado dilúe os ollos castaños a azuis. Se o xene OCA2 estivese completamente desactivado, o pelo, ollos e pel estarían completamente desprovistos de melanina, unha condición coñecida como [[albinismo]]".<ref name=msnbc.msn.com/></blockquote>
 
176.548

edicións