Claudio Abbado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 102:
A mañá [[20 de xaneiro]] de [[2014]], Raffaella Grimaudo, portavoz da oficina do alcalde de Boloña, anunciaba a morte do director italiano logo dunha longa enfermidade aos 80 anos de idade na súa casa próxima á Piazza Santo Stefano de Boloña.<ref name=BBC/><ref>{{Cita web |url=http://www.corriere.it/spettacoli/14_gennaio_20/addio-grande-maestro-claudio-abbado-direttore-d-orchestra-morto-80-anni-3286bd52-81b2-11e3-8a88-1094d7bd0d52.shtml |título=Addio al grande maestro Claudio Abbado Il direttore d’orchestra è morto a 80 anni |editor=Corriere.it |data=20 de xaneiro de 2014 |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=it}}</ref> A capela ardente, situada na [[Basílica de Santo Stefano (Boloña)|Basílica de Santo Stefano]] de Boloña, abriuse na tarde do [[21 de xaneiro]] e pechou na medianoite do día seguinte. Centenares de boloñeses e admiradores acudiron a darlle a súa despedida ao ''maestro'' durante eses dous días. Despois da medianoite, celebrouse unha cerimonia privada para bendecir o seu corpo, que durante esa noite foi incinerado nas proximidades de Boloña.
 
O [[27 de xaneiro]] de [[2014]], ás 18 horas, o Teatro alla Scala lembrouno coa interpretación, dirixida por [[Daniel Barenboim]], da ''Marcia funebre (Adagio assai)'' da [[Sinfonía Nº 3 (Beethoven)|terceira Sinfonía ("Eroica")]] de [[Ludwig van Beethoven]]. Nun teatro simbolicamente baleiro e coa porta aberta, a Sinfonía fluíu cara aá praza ateigada con 8.000 persoas e pechada ao tráfico para a ocasión.<ref>{{Cita novas|url=http://milano.repubblica.it/cronaca/2014/01/27/news/milano_saluta_abbado_con_beethoven_ottomila_applaudono_fuori_dalla_scala-77078094/ |título=Milano saluta Abbado con Beethoven: ottomila applaudono fuori dalla Scala |xornal=Republica |data=27 de xaneiro de 2014 |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=it}}</ref><ref>{{Cita web |url=http://www.teatroallascala.org/it/beethoven-per-ricordare-abbado.html |título=Tutti insieme per Abbado |páxina-web=[[Teatro alla Scala]] |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=it}}</ref> O evento foi retransmitido en directo para todo o mundo por [[Rai 5]], e sen xeoprotección polo sitio web do Teatro, na páxina de [[YouTube]] e no sitio da [[RAI]].<ref>{{Cita web|url=http://www.squer.it/of/abbado-forever-concerto-youtube-teatro-alla-scala//|título=Il concerto per Abbado al Teatro della Scala su YouTube, Squer.it |data=27 de xaneiro de 2014 |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=it}}</ref><ref>{{Cita novas|url=http://www.rainews.it/dl/rainews/articoli/Barenboim-omaggio-ad-Abbado-in-diretta-mondiale-su-Rai5-25224493-e52a-4a90-bb76-fb1bcf199639.html |título=Barenboim, omaggio ad Abbado in diretta mondiale su Rai5 |xornal=[[RAI]] |dataacceso=18 de xuño de 2014 |lingua=it}}</ref> Ese mesmo día, a modo de reivindicación, o sindicato do Teatro alla Scala levou á Piazza della Scala unha pequena [[oliveira]] en recordo á demanda de 90.000 árbores que o director italiano fixera para volver dirixir no teatro [[Lombardía|lombardo]]. Nese acto o sindicato fixo a seguinte petición:<ref>{{Cita novas|url=http://www.abc.es/cultura/musica/20140127/abci-scala-rinde-homenaje-abbado-201401271645.html |título=La Scala de Milán abre puertas y ventanas para homenajear a Claudio Abbado |xornal=[[ABC (xornal)|ABC]] |data=27 de xaneiro de 2014 |dataacceso=18 de xullo de 2014 |lingua=es}}</ref>
 
{{Cita centrada|Pedimos ao Concello plantar na Praza da Scala esta oliveira para que se converta na primeira árbore do centro histórico. Deste xeito honrariamos verdadeiramente a súa memoria.}}