Diferenzas entre revisións de «Goberno provisional ruso»

sen resumo de edición
m (Esixir, non "exixir")
Desde que na [[crise de abril (1917)|crise de abril]], as tropas da guarnición da capital —uns 180&nbsp;000 soldados, máis outros 152&nbsp;000 nas localidades próximas<ref name="wade100"/>— seguisen as ordes do [[Soviet de Petrogrado]]<ref name="uldricks617"/> e non as do xeneral [[Lavr Kornilov]], comandante da mesma, o Goberno non tivo máis remedio que tratar coas unidades de Petrogrado a través do soviet.<ref name="rabinowitch49"/> O Goberno non contaba en realidade con tropas realmente fieis: as unidades revolucionarias tendían a seguir as directrices dos grupos de extrema esquerda.<ref name="mosse106">[[#Referencias|Mosse (1967)]], p. 106</ref><ref name="ferro335">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 335</ref> Os intentos, ilegais, do propio Goberno de frear a propaganda derrotista dos xornais entre as tropas, resultaron inútiles.<ref name="pethybridge134">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 134</ref> A finais de xullo, o gabinete restaurou a censura militar na prensa a petición do alto mando, e ante a súa ineficacia, tratou de eliminar a prensa derrotista.<ref name="pethybridge135">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 135</ref> A propaganda derrotista, principalmente bolxevique, era moito máis eficaz que a do Goberno, que rara vez chegaba aos soldados, e era moito máis próxima aos sentimentos destes, os máis afectados pola guerra.<ref name="pethybridge160">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 160</ref> Foi o propio propio Goberno, porén, o que permitiu a discusión política aos soldados que non estivesen de servizo, por presión da esquerda e contra a opinión dos mandos. A posibilidade de debater, a propaganda derrotista, e a crise de avituallamento da fronte fixeron que o extremismo político de esquerda se estendese rapidamente entre as tropas.<ref name="pethybridge162">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 162</ref>
 
Como no caso de outros grupos, as esixencias dos soldados —uns sete millóns na fronte e outros dous millóns e medio nas guarnicións de retagarda<ref name="wade100"/>— ao comezo da revolución eran moderadas, centradas principalmente na democratización do Exército e a fin dos privilexios dos oficiais e da humillación das tropas.<ref name="uldricks617">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 617</ref> A incapacidade do groso dos mandos para adaptarse á nova situación, o respaldo do Goberno aos oficiais, e a fundada sospeita de que as chamadas a recuperar a disciplina militar e a preparación dunha ofensiva tiñan ademais unha segunda intención contrarrevolucionaria levou ao descrédito do Goberno entre os soldados.<ref name="uldricks617"/> A guarnición de Petrogrado, oposta desde o comezo á continuación da guerra, foi perdendo a súa inicial confianza e apoio cara osaos dirixentes socialistas moderados ante a falta de reformas.<ref name="uldricks617"/> O errado [[golpe de Kornilov]] a principios do outono acelerou definitivamente o proceso de oposición das tropas ao Goberno de coalición social-liberal e a esixencia de que o soviet tomase o poder.<ref name="uldricks618">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 618</ref>
 
Na fronte, as malas condicións das tropas pola falta de recursos fixo crecer as desercións; na súa maioría "campesiños uniformados". Moitos dos desertores regresaron ás súas aldeas levando con eles o radicalismo que xa crecía nas cidades e que se estendeu deste xeito polas provincias do [[Imperio Ruso|Imperio]].<ref name="pethybridge391"/> Ademais dos axitadores bolxeviques que o partido enviaba ás provincias, os soldados de permiso ou que desertaran actuaban tamén como propagandistas das posicións extremistas en asuntos políticos e sociais, a miúdo con grande efecto nas poboacións do agro ruso.<ref name="pethybridge166">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 166</ref> As desercións eran numerosas xa incluso na primavera: na fronte suroeste calculábanse uns dous mil soldados desertores nos ferrocarrís aos día a mediados de abril.<ref name="pethybridge174">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 174</ref> A chegada dos desertores ás guarnicións da retagarda afectou á moral destas, ademais de influír no campo. No outono, contábanse arredor dos dous millóns deles por todo o país.<ref name="pethybridge174"/>
 
=== O directorio e o quinto gabinete ===
Kerenskii creou un directorio de cinco membros<ref name="wade214">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 214</ref> o {{xulgregdata|14|9|1917|corto=true}}, ao tempo que proclamaba a república.<ref name="basil156">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 156</ref> Carente de figuras políticas de relevancia, no fondo supuxo a creación dun Goberno persoal do Primeiro Ministro, que quedou teoricamente reforzado polo nomeamento de Kerenskii como comandante en xefe do Exército; a autoridade civil e militar do país quedou nas súas mans.<ref name="wade214"/> Consciente da súa debilidade<ref name="anin443">[[#Bibliografía|Anin (1967)]], p. 443</ref> política,<ref name="wade119"/> buscou recuperar o apoio dos ''[[kadete]]s'' a pesar da hostilidade<ref name="wade214"/> cara a estes de gran parte dos dirixentes socialistas tralo [[golpe de Kornilov|intento de Golpe de Estado]] do xeral [[Lavr Kornilov]].<ref name="basil156"/> Este aumentou o respaldo aos bolxeviques,<ref name="mosse417">[[#Referencias|Mosse (1964)]], p. 417</ref> que acusaron aos socialistas moderados que controlaran ata entón o [[Soviet de Petrogrado]] de convenza co Goberno e os militares no golpe.<ref name="wade119">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 119</ref> A debilidade dos socialistas moderados plasmouse na perda<ref name="mosse417"/> da presidencia do Soviet da capital o {{xulgregdata|22|9|1917|corto=true}}, que [[Trotski]] pasou a presidir dezaseis días máis tarde. Os moderados tiveron que continuar coas súas actividades a través do [[Comité Executivo Central de Todas as Rusias]], elixido no Primeiro [[Congreso dos Soviets de Todas as Rusias]] en xuño e que aínda controlaban.<ref name="wade119"/> Incluso entre os socialistas moderados creceu o rechazo a continuar cos gabinetes de coalición cos liberais.<ref name="wade214"/><ref name="wade121">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 121</ref> Con grande esforzo, porén, Tsereteli e os seus partidarios lograron manter o apoio socialista á coalición na [[Preparlamento|Conferencia Democrática]] a comezos de outubro: as confusas votacións aprobaron a continuación da coalición, pero rexeitaron que esta incluíse ao último partido liberal significativo —o [[Partido Democrático Constitucional]]— e deron paso ao encargo de Tsereteli de aclarar a situación con Kerenskii.<ref name="wade214"/><ref name="wade121"/>
 
Un novo Consello de Ministros de coalición —con dous ministros socialistas— acabou formándose o {{xulgregdata|8|10|1917|corto=true}}.<ref name="wade214"/><ref name="basil156"/><ref name="wade121"/> A pesar das votacións contrarias dos socialistas durante a conferencia democrática,<ref name="wade121"/> Tsereteli logrou a aprobación final da nova coalición, incluso despois de non lograr manter a súa promesa aos delegados socialistas de que o novo Goberno respondería ante o [[Preparlamento]] formado pola Conferencia.<ref name="basil156"/> Este último Goberno foi débil,<ref name="wade214"/><ref name="wade121"/> pouco máis que unha camarilla de Kerenskii, carente de verdadeiro apoio de socialistas e liberais,<ref name="wade214"/><ref name="basil156"/> que sumíronse pronto en disputas no Preparlamento.<ref name="basil157">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 157</ref> Os ministros eran figuras de segunda fila da política nacional e, a pesar do reforzamento das correntes esquerdistas no país tralo golpe frustrado, máis conservadores que os sus predecesores.<ref name="anin443"/>
10.315

edicións