Quino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m de Arxentina -> da Arxentina
Liña 4:
 
== Biografía ==
Era fillo de emigrantes [[Andalucía|andaluces]]. Chamáronlle Quino desde pequeno para distinguilo do seu tío, o ilustrador [[Joaquín Tejón]], que foi o que espertou nel a vocación de debuxante xa de novo. En 1945, trala morte da súa nai, empezou a estudar na Escola de [[Belas Artes]] de Mendoza. O seu pai morreu pouco despois, polo que abandonou a escola coa intención de converterse en autor de historietas cómicas. Intentou encontrar traballo nas editoriais [[BosBuenos Aires|porteñas]], pero fracasou. Tras verse obrigado a facer o [[servizo militar]], en 1954 estableceuse en Bos Aires en condicións paupérrimas.
 
Por fin logrou publicar a súa primeira páxina de humor no semanario ''Esto es''. A partir de entón comezou a publicar en outros medios, como "Leoplán", ''TV guía'', ''Vea y lea'', ''Damas y damitas'', ''Usted'', ''Panorama'', ''Adán'', ''Atlántida'', ''Che'' ou ''Democracia''.