Australasia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
m Nova Zelanda*
Liña 1:
[[Ficheiro:LocationAustralasia.png|miniatura|250px|dereita|Australasia]]
[[Ficheiro:Oceanias Regions.png|miniatura|250px|Rexións de [[Oceanía]]. [[Nova ZelandaZelandia]] inclúese ben en '''Australasia''', ou ben en [[Polinesia]]. Tradicionalmente se inclúe [[Melanesia]], ou algunhas zonas dela, en '''Australasia'''.]]
'''Australasia''' ({{Audio|Gl-Australasia.ogg|pronunciación}}) é unha [[rexión]] de [[Oceanía]] que comprende [[Australia]], [[Nova ZelandaZelandia]], a [[illa]] de [[Nova Guinea]], e as illas próximas do [[Océano Pacífico]]. O termo foi ideado por [[Charles de Brosses]] na súa obra ''Histoire des navigations aux terres australes'' (1756). Deriva da palabra [[Latín|latina]] que indica o [[sur]], austral, para identificar esta rexión ao "sur de [[Asia]]", diferenciándoa de [[Polinesia]] (ao [[leste]]) e de [[Micronesia]] (ao [[nordeste]]). Australasia, ao igual que [[India]], descansa na [[Placa Indo-Australiana]].
 
==Xeografía Humana==
[[Xeopolítica|Xeopoliticamente]], o termo Australasia sen ningún outro cualificativo, úsase ás veces para nomear a Australia e Nova ZelandaZelandia xuntas. Ás veces se inclúe no termo a illa de Nova Guinea ([[Papúa Nova Guinea]] e a parte [[indonesia]] da illa). Hai moitas organizacións que preceden o seu nome de "(Real) Sociedade Australasiana" para indicar xustamente que se limita a Australia e Nova ZelandaZelandia.
[[Ficheiro:Flag of Australasian team for Olympic games.svg|miniatura|200px|Bandeira do equipo olímpico de Autralasia (1908-1912)]]
 
No pasado, o termo Australasia foi usado para nomear aos equipos deportivos conxuntos de Australia e Nova ZelandaZelandia. Exemplos disto son o equipo de [[tenis]] entre 1905 e 1915, cando Nova ZelandaZelandia e Australia competiron xuntas na [[Copa Davis]]; ou o equipo olímpico de ambos países que competiu nas [[Xogos Olímpicos|olimpíadas]] de verán de [[Xogos Olímpicos de 1908|1908]] e [[Xogos Olímpicos de 1912|1912]].
 
==Xeografía Ecolóxica==
[[Ficheiro:Línea de Wallace.jpg|miniatura|300px|[[A liña de Wallace]] separa a [[fauna]] de '''Australasia''' da do [[sueste asiático]].]]
 
Desde un punto de vista [[Ecoloxía|ecolóxico]], a zona ecolóxica australasiana é unha rexión diferenciada cunha xeoloxía e historia evolutiva propias e unha gran cantidade de [[flora]] e [[fauna]] única. Neste contexto, Australasia limítase a Australia, Nova Guinea, Nova ZelandaZelandia, [[Nova Caledonia]], e illas adxacentes, incluíndo as illas orientais indonesias de [[Lombok]] e [[Sulawesi]]. A liña imaxinaria que marca a división biolóxica entre Australasia e a [[ecozona]] Indomalaia na [[Asia]] [[Trópico|tropical]], coñécese como [[Liña de Wallace]] - [[Borneo]] e [[Bali]] están do lado asiático.
 
Australia, Nova ZelandaZelandia e Nova Caledonia son fragmentos do antigo supercontinente [[Gondwana]]. Durante millóns de anos, estas tres masas de terra foron separándose dos outros continentes, e entre si. Toda Australasia comparte a flora [[Antártica]], se ben as illas tropicais do [[norte]] tamén teñen en común moitas plantas co [[sueste asiático]].
 
Australia, Nova Guinea, e [[Tasmania]] están separadas entre si por [[Plataforma continental|plataformas continentais]] pouco profundas que estiveron unidas cando o nivel do mar era inferior durante a [[Idade do xeo|Idade do Xeo]]. Comparten unha fauna similar que inclúe [[marsupial|marsupiais]], [[mamífero]]s [[monotrema]]s e [[aves]] [[ratite]]s. O [[eucalipto]] é a [[árbore]] predominante na maior parte de Australia e Nova Guinea. Nova ZelandaZelandia non ten mamíferos terrestres autóctonos, pero si tiña tamén aves ratites, incluíndo o [[Kiwi (ave)|kiwi]] e o extinto [[Moa (ave)|moa]]. A ecozona australasiana inclúe algúns grupos de illas próximos como [[Wallacea]], o [[Arquipélago Bismarck]], as [[Illas Salomón]], e [[Vanuatu]], as cales non formaban parte anteriormente de Gondwana, pero comparten con Australasia moitas plantas e animais característicos.
 
==Véxase tamén==