Hole: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Sen resumo de edición
Liña 61:
En [[1997]] a banda reúnese con [[Billy Corgan]] para compoñer material para o seu terceiro álbum, ''[[Celebrity Skin]]''. Mentres o novo álbum non era lanzado, a Caroline Records lanza un novo recompilatorio de caras-b e rarezas, ''My Body The Hand Grenade''. En [[1998]], Courtney participou nunha nova película, ''200 Cigarettes'' e o lanzamento de ''Celebrity Skin'' acabou retrasándose varias veces, sendo editado en setembro. O son do álbum é máis voltado ao pop, un pouco máis traballado en oposición ás melodías furiosas e crúas de ''Live Through This''. O lanzamento do álbum estivo cheo de controversias ao estar o nome da batería [[Patty Schemel]] nos créditos do álbum, pero ausente nas fotos promocionais, nas entrevistas e nos videos de "Celebrity Skin" e "Malibu". Algúns meses máis tarde foi confirmado que [[Patty Schemel]] oficialmente estaba fóra da banda, aínda que as razóns nunca foron especificadas.
 
Hole fixo unha xira por [[Australia]] e [[Nova ZelandaZelandia]] en [[1999]], contando cunha nova batería, [[Samantha Maloney]], e participou do festival Big Day Out. En febreiro a banda inicia unha nova xira por Estados Unidos ao lado de Marylin Manson, pero acaba saíndose da xira meses despois, alegando "diferencias de produción".
 
A finais de 1999, Courtney Love participou na película ''Man On The Moon'' ao lado de [[Jim Carrey]] e a banda anunciou que xa estaba comezando a compoñer material para o novo álbum, sen a presenza da baixista Melissa Auf der Maur, que deixou a banda para ingresar en The Smashing Pumpkins.
Liña 67:
Pero o futuro de Hole tornouse incerto un ano despois cando, descontenta co trato recibido pola Geffen despois da súa fusión coa Universal, Courtney Love decidiu abandonar a discográfica. O resultado foi unha batalla xurídica que dura ata hoxe, debido a que Hole tiña un contrato coa Geffen para lanzar cinco álbums. O argumento de Courtney era que unha lei do [[Estado de California]] garante a calquera traballador o dereito de romper un contrato despois dun prazo de sete anos (Hole asinara coa Geffen en [[1992]]).
 
Mentres non se dictaseditase sentenza, Courtney Love e [[Eric Erlandson]] estaban impedidos de lanzar calquera material novo baixo o nome de Hole. A partir de aí, Courtney partiu cara unha cruzada polos dereitos dos artistas, organizando conferencias e defendendo a idea en discursos e entrevistas. Hole tamén puxo varios MP3s de material raro gratuitamente na súa páxina web.
 
Coa imposibilidade de seguir adiante con Hole, Courtney comezou a traballar noutros proxectos. En [[2001]] anunciou a formación dunha nova banda de punk rock, Bastard. Segundo Courtney, o son de Bastard sería unha mestura entre [[Led Zeppelin]] e [[AC/DC]]. Definida a formación, [[Louise Post]] ([[Veruca Salt]]) na [[guitarra]], a ex-baixista de Rockit Girl Gina Crosley e [[Patty Schemel]] (vella compañeira de Courtney en Hole) na batería, a banda comezou a ensaiar para un futuro álbum que sería lanzado pola Epitaph. En apenas algúns ensaios Bastard disolveuse. Discusións internas levaron a Louise Post e Gina Crosley a desistir do proxecto.