Zapato Veloz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
En 1991 comezan as súas actuacións canda a Víctor, propietario do bar onde actuaba Javier, e gravan a súa primeira maqueta: ''Convinado de tacón'', que incluía o tema "El tractor amarillo". Con este tema acadaron sona e actuaron nas festas da Santina de Xixón, en setembro dese ano.
 
Víctor abandonou a formación descontento co ton desenfadado das cancións. Xa en formato trío, gravan en [[Barcelona]] o disco ''Ponti 'country' la pared'', con produción de [[Mikel Herzog]], cuñado de Mario, que trabalabatraballaba para [[Virgin Records]] España. O disco, de dez cancións, incluía de novo "El tractor amarillo", lanzado como primeiro sinxelo e que se converteu en [[canción do verán]] en 1992. O segundo sinxelo foi "Pandeirada sideral". O disco recibe o nome dunha canciócanción na que se satiriza a [[John Wayne]] e o xénero do [[Western (cinema)|western]]. Outros temas do disco son "Toma nena" ou "En un crucero por el Nilo".
 
Acadaron certa sona en países como Italia, Arxentina, México, Chile ou Uruguai. En 1993 e 1994 participaron no Festival Internacional de Música de [[Acapulco]], onde coincidiron con cantantes como [[Sting]], [[Gloria Estefan]] ou [[Maná]]. Os seareiros do equipo de fútbol [[Club Atlético Independiente]] de [[Avellaneda]] ([[Arxentina]]) adaptaron "El tractor amarillo", e adoitan cantar unha versión da mesma.