Diferenzas entre revisións de «Xosé María Álvarez Cáccamo»

sen resumo de edición
'''Xosé María Álvarez Cáccamo''', tamén coñecido como '''Pepe Cáccamo''', nado en [[Vigo]] o [[6 de xullo]] de [[1950]], é un escritor galego, crítico literario e profesor de literatura.
== Traxectoria ==
É fillo de [[Xosé María Álvarez Blázquez]] e irmán de [[Alfonso Álvarez Cáccamo|Alfonso]], [[Celso Álvarez Cáccamo|Celso]] e [[Berta Álvarez Cáccamo]]. Xosé María Álvarez Cáccamo estudou [[Filoloxía Románica]] na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Desde [[1973]] é profesor de [[ensino secundario]]. Actualmente resideReside en [[Santa Cristina de Cobres]], [[Vilaboa]].
 
Ademais de poesía, ten publicados algúns relatos breves, teatro e [[literatura infantil]]. A súa obra traduciuse ao [[lingua catalá|catalán]], [[lingua castelá|castelán]], [[lingua éuscara|éuscaro]] e [[Lingua italiana|italiano]]. Obtivo os premios [[Premio Esquío|Esquío]], [[Premio Miguel González Garcés|González Garcés]] e [[Premio Arume de Poesía para Nenos|Arume]] e os Premios da Crítica [[Premios da Crítica de Galicia|de Galiza]] e [[Premio da Crítica de poesía galega|de España]].
185.024

edicións