Galiza Ceive-OLN: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=xuño de 2016}}
{{Partido Político
|nome = Galiza Ceive-OLN
Liña 20 ⟶ 21:
Tras a disolución do PGP en 1981 GC-OLN ocupou o seu espazo político, a independencia plena sen excluí-la loita armada. En 1982 foi unha das forzas de deu orixe ó [[BNG]] pero deixou a organización na propia Asemblea Constituínte ao se decidir a participación do BNG nas eleccións. O seu voceiro era a revista ''Espiral''.
 
Nas eleccións de 1983 formou xunto ó [[PCOE]] e independentes as [[Candidaturas de Unidade Popular]] que presentou candidaturas en [[Vigo]] e [[Pontevedra]]. Diante os malos resultados acadados [[Xosé Luís Méndez Ferrín]] propuxo a finais de ano na VI Asemblea Nacional a autodisolución da organización, o que foi rexeitado pola maioría; parte da militancia abandonou a organización. Nesa Asemblea decidiuse mudar o nome a '''Galiza Ceive-OLN''' e adoptar a ortografía reintegracionista, [[Antón Arias Curto]] converteuse no líder máis destacado. A organización deu soporte ideolóxico ó [[Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive]].{{Cómpre referencia}}
 
En 1988 xunto o [[Partido Comunista de Liberación Nacional]], escisión da [[UPG]], formou a [[Frente Popular Galega]], e integra outro grupo que formaba parte da FPG procedente do PCLN, os [[Grupos Independentistas Galegos]] formado por alumnado da [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Ó ano seguinte Galiza Ceive-OLN decidiu deixa-la organización por diferenzas na estratexia da organización e autodisolveuse para formar a [[Assembleia do Povo Unido]].{{Cómpre referencia}}
 
{{Nacionalismo galego}}