Gulag: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m correccións con AWB, replaced: suas → súas, e outros using AWB
Andalcant (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
Algúns autores refírense a todas as prisións e campos de concentración da historia soviética ([[1917]]–[[1991]]) coma ''Gulags''. Ademais, ultimamente o termo utilízase con frecuencia dun modo non relacionado coa [[Unión Soviética]]. Por exemplo, en expresións coma ''O Gulag de [[Corea do Norte]]'' ou incluso ''O Gulag privado de [[Estados Unidos]]''. Hai que ter en conta tamén que o acrónimo ruso, nunca en plural, non describe un campo particular, se non á institución gobernamental encargada de todo o sistema de campos.
 
O termo «campo de traballo correctivo» foi suxerido para uso oficial polo politburó do [[Partido Comunista da Unión Soviética]] o [[27 de xullo]] de [[1929]], como reemplazosubstitución do termo «[[campo de concentración]]».
 
O termo coloquial para un preso do GULAG era ''zeká'', ''zek''. En [[Idioma ruso|ruso]], «preso», «encarcelado», é заключённый, ''zaklyuchonny'', normalmente abreviado a 'з/к' en escritos, pronunciado 'зэкá' (zeká), e gradualmente transformado en 'зэк' e 'зек'. A palabra aínda se emprega na fala coloquial, irrelevante para os campos de traballo. En principio 'з/к' foi un acrónimo para заключенный каналостроитель, ''zaklyuchonny kanalostroítel'' ('preso construtor de canais'), denominación dada aos membros da man de obra que construía o [[Canal Volga-Don]]. Máis tarde o termo foi reescrito para significar unicamente ''zaklyuchonny''