Diferenzas entre revisións de «Hóspede»

m (Arranxos varios using AWB)
== Tipos de hóspedes e as súas interaccións ==
Cómpre falar de hóspede sempre que haxa unha relación de dependencia dun sistema biolóxico (un [[ser vivo]] ou un [[virus]]) respecto a outro sobre o que habita, xa sexa de maneira continua, xa sexa de forma temporal. Isto pode ocorrer en interaccións próximas dos seguintes tipos:
*[[Parasitismo]]. Os [[parasito|endoparasitos]] residen permanentemente, polo menos nalgunhas etapas do seu desenvolvemento, no interior do seu hóspede, ocupando ás veces hóspedes sucesivos en distintas fases do seu ciclo. Os endoparasitos adoitan gardar unha extrema especificidade de relación cos seus hóspedes, dependendo a miúdo de unhadunha ou unhas poucas especies relacionadas. Os [[parasito|ectoparasitos]], por exemplo os [[hematofaxia|hematófagos]], poden ou adoitan seren menos exixentes, pero non sempre; por exemplo, nas eirugas das bolboretas é común unha dependencia moi estreita respecto á [[planta nutricia]].
*[[Axente biolóxico patóxeno|Patoxénese]]. Moitos virus, [[bacteria]]s, [[fungo (bioloxía)|fungos]] e pequenos animais, producen [[enfermidade]]s, o que representa unha forma extremada de parasitismo. A relación dos patóxenos adoita ser especialmente específica, porque a evolución tende a producir unha adaptación do hóspede ao patóxeno; só cando un axente encontra unha nova especie hóspede a relación adopta a forma típica.
*[[Comensalismo]]. Os comensais adoitan seren menos selectivos cos hóspedes que escollen, tanto nos casos de forese (o transporte do organismo máis pequeno polo máis grande) ou [[inquilinismo]] como nos de dependencia alimentaria.
196.592

edicións