Diferenzas entre revisións de «Flor»

== Polinización ==
[[Ficheiro:Abellón, abázcaro en Bastavales, Brión, 090726.jpg|miniatura|200px|esquerda|Abellón contribuíndo á polinización.]]
O propósito primario dunha flor é a reprodución. Por seren as flores os órganos reprodutivos das plantas, estas median na unión do esperma (contido no [[pole]]) cos óvulos (contidos nos [[Ovario (botánica)|ovarios]]). A polinización é o movemento do pole dende as [[antera]]s cara ao estigma. A unión do esperma cos óvulos é chamada fertilización. Xeralmente o pole móvese de unhadunha planta a outra, mais hai moitas plantas que poden polinizarse a si mesmas. Os óvulos fertilizados producen sementes que serán a nova xeración. A reprodución sexual produce descendentes xeneticamente únicos, permitindo as adaptacións. As flores teñen deseños específicos que favorecen a transferencia de pole de unhadunha planta a outras da mesma especie. En moitas plantas a polinización depende de factores externos, como vento, animais, e especialmente insectos. Incluso poden mediar na polinización animais como paxaros, morcegos etc.
 
=== Xeitos de atracción ===
A maioría das flores poden dividirse en dous grupos segundo o método de polinización:
* '''Entomófilas''': estas flores atraen e empregan insectos, [[morcego]]s, [[paxaro]]s e outros animais para transferir o pole dunha flor á seguinte. Xeralmente teñen formas especiais e unha distribución dos [[estame]]s que aseguro que os grans de [[pole]] son transferidos aos corpos dos polinizadores cando se pousan na flor na procura de néctar. Segundo se pousa en distintas flores da mesma especie, o portador do pole transfire este pole nos [[Estigma (botánica)|estigmas]] das flores que visita. Moitas flores confían na proximidade simple entre as pezas da flor para asegurar a polinización. Outras, coma a ''[[Sarracenia]]'', teñen deseños elaborados para asegurar a polinización cruzada mentres que preveñen a autopolinización.
* '''Anemófilas''': estas flores empregan o [[vento]] para mover o pole de unhadunha a outra, como por exemplo nas [[gramínea]]s. Non teñen necesidade de atraer polinizadores e polo tanto xeralmente non teñen flores vistosas. Mentres que as floras das entomófilas tenden a ser largas e ricas en proteínas, as flores anemófilas teñen xeralmente grans pequenos, moi lixeiros e cun valor nutricional pequeno para os insectos.
* '''Cleistógamas''': algunhas flores polinízanse a si mesmas e nunca abren ou se polinizan antes de que a flor abra, estas flores chámanse cleistógamas. Moitas especies de Viola e Salvia teñen este tipo de flores.
 
185.082

edicións