Flor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Véxase tamén: commonscat
Liña 34:
== Polinización ==
[[Ficheiro:Abellón, abázcaro en Bastavales, Brión, 090726.jpg|miniatura|200px|esquerda|Abellón contribuíndo á polinización.]]
O propósito primario de unhadunha flor é a reprodución. Por seren as flores os órganos reprodutivos das plantas, estas median na unión do esperma (contido no [[pole]]) cos óvulos (contidos nos [[Ovario (botánica)|ovarios]]). A polinización é o movemento do pole dende as [[antera]]s cara ao estigma. A unión do esperma cos óvulos é chamada fertilización. Xeralmente o pole móvese de unha planta a outra, mais hai moitas plantas que poden polinizarse a si mesmas. Os óvulos fertilizados producen sementes que serán a nova xeración. A reprodución sexual produce descendentes xeneticamente únicos, permitindo as adaptacións. As flores teñen deseños específicos que favorecen a transferencia de pole de unha planta a outras da mesma especie. En moitas plantas a polinización depende de factores externos, como vento, animais, e especialmente insectos. Incluso poden mediar na polinización animais como paxaros, morcegos etc.
 
=== Xeitos de atracción ===
[[Ficheiro:Flor GDFL 663.JPG|miniatura|125px|As flores poden ter cores moi vistosas.]]
As plantas non poden moverse dun sitio a outro, por iso moitas flores evolucionaron para atraeren animais e que estes transfiran o [[pole]] entre individuos de poboacións dispersas. As flores que son polinizadas por insectos chámanse entomófilas. As flores xeralmente teñen glándulas chamadas nectarios en varias partes para atraeren animais que buscan o nutritivo [[néctar]].
O mesmo que ocorre co ser humano, os [[paxaro]]s e as [[abella]]s tamén poden distinguir as cores coa vista, o que lles permite escoller as flores máis vistosas. Algunhas flores teñen patróns, chamados ''guías nectarias'', que amosan aos polinizadores onde teñen que ollar polo néctar, estas guías poden ser vistas só baixo luz ultravioleta, que é visible para as abellas e algúns outros insectos.