Diferenzas entre revisións de «Grou»

corrixo *esquelete e outros
m (Arranxos varios using AWB)
(corrixo *esquelete e outros)
 
== Descrición ==
[[Ficheiro:Grus grus skull.png|miniatura|EsqueleteEsqueleto de grou]]
Coma tódolos representantes do xénero ''Grus'' é unha ave grande, coas patas e o pescozo longos. Miden entre 110 e 130 cm e alto e teñen unha envergadura alar duns 220 a uns 245 cm. Caracterízanse polo debuxo branco e negro da cabeza e o pescozo e por unha placa vermella sen plumas na cabeza. O bico e fino e en forma de cuña, duns 10 cm de longo. A plumaxe é, agás na cabeza e o colo, gris clara con diversos matices e gradacións. As aves case brancas ou moi escuras son, porén, excepcionais.
 
 
== Voz ==
Os grous emiten varios tipos de sons, que xogan un papel importante na súa vida social. O berro típico longo e atrompetado <ref>[http://www.nabu.de/m01/m01_05/03777.html Exemplo de voz / NABU-Weblink]</ref> é posible graciasgrazas á caixa de resonancia que forma o seu tubo respiratorio. Son típicos os cantos a dúo, que poden ser encetados polo machos ou femias. Nestes casos ámbolos dous exemplares apuntan co bico cara ó ceo, colocan o pescozo cara atrás e erguen as alas. Colócanse moi preto un do outro e vanse movendo xuntos e parsimoniosamente. O canto a dúo <ref>[http://www.martingrund.de/sounds/vogelstimmen/mp3/kranich.mp3 Voz acompañada da doutras aves]</ref> óese en momentos de excitación nos lugares de descanso ou de reunión, habitualmente durante a época reprodutora. Amosa diferenciasdiferenzas individuais recoñecibles mediante unha análise de frecuencias, que permiten identificar ós individuos.
 
O berro de alarma é emitido por unha ou máis aves en casos de perigo e pode oírse a grandes distancias. En situacións de perda ou limitación do contacto visual lanzan un berro de contacto, que serve tamén para anunciar a inminencia do despegue cando van voar.
As rexións de cría da especie están situadas no nordeste de [[Europa]] e o norte de [[Asia]]. Os ríos [[Weser]] e [[Aller]] marcan ó seu límite oeste, o paralelo 51 o límite sur. A perda de biótopos axeitados dende comezos do século XX empurrou entre 300 e 400&nbsp;km. cara ó norte a zona de reprodución dos grous. A perda de territorios de cría é causada pola drenaxe e posta en cultivo de zonas húmidas, que xunto cos roubos de ovos, a caza e as condicións climáticas fixeron desaparece-la especie de moitas zonas. Algunhas delas están volvendo, porén, a ser ocupadas grazas ás medidas de protección.
 
En [[Europa]] os grous crían en [[Dinamarca]], [[Noruega]], [[Suecia]] , [[Finlandia]], [[Polonia]], [[República Checa]], norestenordeste de [[Alemaña]], os [[Países Bálticos]], [[Bielorrusia]] e norte de [[Ucraína]]. O sur deste pais, [[Xeorxia]], [[Armenia]] e a ribeira norte do [[mar de Aral]] foron durante séculos o límite sur dos territorios de cría do grou. O leste de e o extremo oriente teñen poboacións pouco mestas. En [[Turquía]] e o [[Tíbet]] hai poboacións estables, pero no nordeste de China están a reducirse. Crían esporadicamente en [[Inglaterra]], [[Francia]], [[Italia]] e nos [[Países Baixos]]. No pasado facíano tamén en [[Romanía]], [[Iugoslavia]], [[Albania]], [[Bulgaria]] e [[Grecia]].
 
Os seus hábitats preferidos son zonas húmidas das terras baixas coma pantanos, zonas de vexetación anegadas e beiras de lagos. Buscan alimento en zonas de agricultura extensiva, nas beiras dos campos e nas ribeiras. Para descansar utilizan zonas chas e abertas, incluíndo campos de cultivo e prefiren durmir en zonas acuáticas de augas pouco fondas, que lles ofrecen protección fronte ós inimigos.
Os grous comen alimentos de orixe vexetal e animal, incluíndo pequenos [[mamífero]]s, [[réptil]]es, [[peixe]]s, [[anfibio]]s, [[caracol|caracois]], [[verme]]s, e [[insecto]]s., sementes de [[cereal|cereais]] e [[xirasol|xirasois]], [[leguminosa]]s, [[baga]]s, [[landra]]s, verduras, raíces e [[pataca]]s.
 
Durante os primeiros meses do ano comen principalmente sementes, precisando ata 300 gramos de comida diarios para encher as reservas de enerxía consumidas despois da emigración. Durante os inicios do verán predominan na súa dieta os invertebrados. Cando os polos teñen xa varias semanas comezan a recibir tamén animais meirandes, coma [[rato]]s. Durante a última parte do inverno e o outono os grous pasan entre o 40 e o 60 por cento do seu tempo buscando alimento, que nesta época está formado basicamente por lasas novas sementes e insectos.
 
== Reprodución ==
 
=== O territorio de cría ===
As parellas ocupan simultaneamente en cada rexión un territorio, que, ademais de unaunha cantidade dabondo de alimento, debe ofrecer seguridade e tranquilidade. Os territorios son meirandes se a oferta de comida é escasa, e algunhas investigacións amosan que poden ter máis de 135 hectáreas.
Fan os niños no chan, situados en zonas húmidas, a miúdo pantanosas, no centro do territorio. En zonas reducidas non lles é posible agachar o niño detrás dalgún tipo de protección. A zona acuática escollida para a construción pode ser menor dunha hectárea o de ata 10; o fundamental é que a profundidade da auga estea entre os 30 e os 60&nbsp;cm. Tamén é importante que dispoña dunha voa vista dos arredores. En casos de secas ou baixo nivel de auga, ocupan o territorio pero non fan o niño. Utilizan canas, [[xunco]]s e plantas de ribeira, que transportan camiñando ata o niño. Este pode ter mais dun metro de diámetro, e adoita estar entre dez e vinte centímetros por riba da tona da auga. Os danos causados durante a incubación e a cría son reparados continuamente.
 
 
=== A posta e a incubación ===
Poñen normalmente dous ovos, cunha separación de dous ou tres días. Os ovos son óvalos alongados cun polo arredondado e outro aguzado, pero forma, tamaño e peso son variables. A cor básica e castaña escura, con tendencias ó averdesado, o avermellado e o castaño vermello. Amosan manchas marróns bastas distribuídas de xeito irregular, máis mestas no polo arredondado do ovo. Miden entre 57 e 66&nbsp;mm. ó ancho e entre 88 e 110 ó longo. O peso promediomedio é de 185 gramos. Macho e femia chocan por quendas entre 29 e 31 días. Como a incubación comeza coa posta do primeiro ovo, un dos polos nace dous ou tres días antes có outro. Os grous fan pausas de duración variable durante a incubación, e antes volveren a sentarse sobre os ovos, víranos co bico. A duración media das quendas de incubación está entre 1,6 e 4,5 horas, pero son máis longos pola noite, de ata máis de 12 horas.
As perdas de ovos están entre o 20 e o 30%, aumentando moito se o niño, por causa da falta de auga, queda exposto ós depredadores. Cabo deste factor hai que contar o clima frío, as molestias, a falla de comida e o roubo de niños.
En comezando os polos á saíren do ovo, os pais permanecen períodos máis longos preto do niño. Cando nacen, os polos pesan entre 120 e 150 gramos. Ás 24 horas poden camiñar con seguridade e son guiados fora do niño polos pais cando teñen unhas 30 horas, os primeiros días só en recorridos curtos nos arredores do niño. Durante as primeiras semanas de vida son embicadados polos pais con invertebrados, ata que son capaces de cachalos eles mesmos. Nas primeiras dúas semanas, cando están sós no niño, os pitos apúxanse có bico, e, en ocasións, o máis vello tenta expulsar o máis novo. Pouco a pouca a familia vai pasando máis tempo en bosques ou campos, aínda que poden volver ó niño pola noite. Se este fica desprotexido, buscan un lurgar xeitoso para durmiren. Nunhas 10 semanas os polos son case tan grandes coma os pais e capaces de voaren.
 
Os grous adultos só usan berros fortes nas proximidades do niño en situacións de perigo inminente, para facerse oír á distancia polos polos. Os agresores de pequeno tamaño son atacados con golpes de bico e de alas. Cos máis fortes utilizan tácticas de distracción:: un dos adultos tenta atraer ó intruso facendo o enfermo, amosándose co pescozo estricado e as alas caidascaídas, e ás veces coxeando, mentres se afasta da familia. O outro adulto aproveita para escapar cos polos.
 
Entre agosto e outubro as familias de grous abandonan os seus territorios de cría para dirixirse ós puntos de reunión. Só algunhas familias, en xeral de zonas con pouca densidade de poboación da especie, permanecen illadas ata o momento da viaxe migratoria.
54.976

edicións