Filipe II de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 197:
{{Artigo principal|Antonio Pérez del Hierro}}
 
[[Ficheiro:Antonio Perez, Ponz.jpg|miniatura|230px|dereita|Antonio Pérez por [[Antonio Ponz]] ([[Mosteiro do Escorial]]).]]
 
Antonio Pérez foi secretario de cámara e Secretario de Estado de Filipe II. O seu pai iniciouno nos asuntos de Estado. Antonio foi nomeado, en 1553, secretario do príncipe (e logo rei) Filipe. Cando o emperador Carlos abdica os seus reinos españois no seu fillo, que se converte no rei Filipe II, Antonio Pérez continúa como seu secretario particular mentres que seu pai, Gonzalo Pérez, segue como secretario de Estado. Gonzalo Pérez morre en 1566 e o seu fillo Antonio é nomeado Secretario de Estado un ano máis tarde, aínda que as súas competencias foron recortadas respecto ás do seu pai, facéndose cargo só dos asuntos atlánticos ([[Países Baixos]], [[Francia]], [[Inglaterra]] e [[Alemaña]]).