Batalla de Hatfield Chase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Servando2 (conversa | contribucións)
retiro marcador de en uso
Liña 1:
{{en uso}}
A '''Batalla de Hatfield Chase''' (en inglés antigo ''Hæðfeld,'' en [[Lingua galesa|galés]] ''Meicen'') tivo lugar o [[12 de outubro]] de [[633]] en [[Hatfield Chase]] preto de [[Doncaster]], [[Yorkshire]], na Inglaterra anglosaxoa entre os [[Reino de Northumbria|northumbrianos]] dirixidos polo seu rei [[Edwin de Northumbria|Edwin]] e unha coalición de tropas [[Reino de Gwynedd|galesas]] e mercianas dirixidas respectivamente por [[Cadwallon ap Cadfan]] e [[Penda]]<ref>[[Beda]] dá esta data na súa ''[[Historia ecclesiastica gentis Anglorum]]'' ([http://www.fordham.edu/halsall/basis/bede-book2.html libro II], capítulo 20), pero a ''[[Crónica anglosaxoa]]'' dátaa o día 14. </ref>. O lugar era unha zona pantanosa a uns 13 quilómetros ao nordeste de Doncaster, na beira sur do [[Río Don (Inglaterra)|Río Don]]. Foi unha vitoria decisiva para galeses e os mercianos; Edwin morreu na batalla e o seu exército foi derrotado, o que provocou un colapso do puxante reino do norte..
== Contexto ==
Edwin, o líder máis poderoso na [[Gran Bretaña]] da época conseguira derrotar a Cadwallon poucos anos antes. Beda relata a toma de posesión das illas Mevanias (unha das cales era Anglesey por parte de Edwin) e outra fonte refire o asedio sufrido por Cadwallon na [[illa de Priestholm]]<ref>En galés [[Ynys Seiriol]]</ref> (''Annales Cambriae'': Glannauc), situada na costa de [[Anglesey|Ynys Mon]]<ref>''H. E.'', libro II, capítulo 5; D. P. Kirby, ''The Earliest English Kings'' (1991, 2000), páxina 71.</ref><ref>''[[Annales Cambriae]]'', ano 629; Kirby, páxina 71</ref>. Máis tarde, Cadwallon derrotou e expulsou aos northumbrianos dos seus territorios e aliouse con Penda (sendo Cadwallon o membro forte da coalición). A situación de Penda no seu reino neste momento é aínda incerta -Beda suxire que aínda non era rei, pero que alcanzaría o título pouco despois de Hatfileld; a Crónica Anglosaxoa, con todo, sitúa a súa chegada ao trono en 626.<ref>Beda, ''H. E.'', libro II, capítulo 20.</ref><ref>''ASC'' 626.</ref>. O exército galés-merciano presentou batalla a Edwin en Hatfield, [[Yorkshire]] do sur, ao norte de Doncaster.
 
== Resultado da batalla ==
O choque foi un desastre para Northumbria. Tanto Edwin como o seu fillo Osfrith morreron na batalla, mentres que o seu outro fillo Eadfrith foi feito prisioneiro por Penda, e asasinado despois; o reino dividiuse nos sub-reinos constituíntes de [[Bernicia]] e [[Deira (reino)|Deira]]. [[Eanfrith de Bernicia|Eanfrith]], fillo de [[Æthelfrith de Northumbria]], regresou do exilio para facerse co poder en Bernicia, mentres que [[Osric de Deira|Osric]], primo de Edwin, apropiouse de Deira. Cadwallon proseguiu na súa guerra contra os northumbrianos de forma cruel e desapiadada, ata que foi derrotado por [[Oswald de Bernicia|Oswald de Northumbria]] en [[Batalla de Heavenfeld|Heavenfield]] (tamén coñecida como Deniseburna, '''AC'''&nbsp;: Cantscaul), un ano despois de Hatfield<ref>Beda, ''H. E.'', libro II, capítulo 20; [http://www.fordham.edu/halsall/basis/bede-book3.html libro III], capítulo 1; libro III, capítulo 2</ref>.