Serialismo integral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Estrito.
Liña 6:
Nun famoso e provocativo ensaio titulado ''Schönberg está morto'', escrito en [[1952]] pouco despois da morte do compositor [[Viena|vienés]], Boulez comeza alabando a figura do mestre austriaco por ter inventado o sistema dodecafónico, para logo criticalo por non telo desenvolvido en toda a súa extensión. Schönberg tratara as series como se foran un tema en lugar dunha configuración abstracta de intervalos, e as remprazara polo esquema formal clásico e preclásico en lugar de derivar as estruturas seriais das propias características da serie.
 
Segundo o punto de vista de Boulez, era necesario realizar un tratamento consciente de tódolos elementos da música, e non só dos melódicos, senón tamén dos rítmicos, dinámicos, texturais e formais, de acordo cuns procedementos estrictamenteestritamente seriais e que non tiveran nada que ver con ningún presuposto musical anterior. [[Claude Debussy|Debussy]] e [[Anton Webern|Webern]] xa mostraran o camiño ao tratar os sons musicais "obxectivamente", esto é, segundo os seus propios términos e non como elementos determinados por un conxunto de relacións preestablecidas. Boulez alabou a Webern dun xeito especial por ter conseguido dar comezo a un novo dominio musical:{{Cita|''El foi o único... que tivo consiencia dunha nova dimensión do son, da desaparición da oposición entre o horizontal e o vertical (por exemplo, entre a tradicional distinción existente entre a harmonía e a melodía) polo que o único que viu nas series foi un xeito de proporcionar unha estrutura ao espazo sonoro''.<ref>''Relevés d'apprenti'', ed. Paul Thévenin (París, 1966)</ref>}} Tamén o [[Alemaña|alemán]] [[Karlheinz Stockhausen|Stockhausen]] alabou a Webern, véndoo como un dos precursores da nova música, acerca do cal escribiu:{{Cita|''O principio Schönbergiano da serie temática rompeu... O esencial deixou de ser un único Gestalt (un tema ou motivo) escollido polo compositor. Agora todo se basea nunha secuencia de proporcións melódicas, de duracións e de sonoridades''.<ref>''"Weberns Konzert für 9 Instrumente, Op 24", Texte'' (Colonia, 1963)</ref>}}
 
A rixidez do serialismo integral pronto se relaxou.