Azor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Estrito.
Liña 67:
== Conduta territorial ==
O azor é monógamo e estrictamenteestritamente territorial. Marca o seu territorio co seu chiar característico e con voos de demostración. Os posibles rivais son ameazados primeiro con berros antes de proceder a unha aproximación. O contacto corporal directo ten lugar moi raramente, posiblemente polo perigo mutuo que poden supor as fortes gadoupas e pes dos azores.
 
O tamaño do territorio de caza depende do sexo, da idade, do status (con ou sen parella), da época do ano e do alimento dispoñible. En [[Hamburgo]] os machos ocupan na época de celo unha media de 8,6 km², en [[Schleswig-Holstein]] 13–55 km², en [[Arizona]] 18 km² e en [[Alasca]] 39,8 km². Fora desta época as cifras varían: [[Schleswig-Holstein]] 5–64 km², os machos e 16–59 km² as femias. En [[Suecia]] central os machos ocupan en inverno unha área duns 51 km² de media (18–80 km²), e as femias 62 km² (32–92 km²). No norte de [[Finlandia]] no inverno os machos adultos ocupan de media 88 km² (79 a 97 km²), os machos novos 110 km² (50–170 km²), as femias adultas 69 km² (48–94 km²), e as novas 67 km² (31–103 km²). O tamaño da area de caza aumenta nas zonas mais ó norte pola grande redución do número de presas potenciais.