Diferenzas entre revisións de «Jilin»

Estrito.
(Estrito.)
 
== Historia ==
Na antigüídade habitaban Jilin diversos pobos, como os [[Mohe]] e os [[Wuji]]. O reino de Balhae establecuse na zona o ano [[698]] e perdurou ata o 926, caendo sucesivamente nas mans da [[dinastía Liao]] dos [[Khitan]], a Jin dos Jurchen e a Yuan dos mongois. Durante a [[dinastía Qing]] gran parte da zona estaba baixo o control do xeneral de Jilin, que gobernaba ata o [[Mar do Xapón]]. Nesta época a inmigración han estaba estrictamenteestritamente controlada, o que vai mudar despois da cesión a Rusia de [[Primorie]]. O goberno Qing comezou a abrir a zona aos inmigrantes han, a maioría procedentes de [[Shandong]], e ao comezar o século XX eran a etnia dominante na rexión. En [[1932]], Jilin incorporouse ao estado do [[Manchukuo]] que tiña como capital [[Changchun]]. Despois da derrota do Xapón en 1945 a rexión foi liberada polos soviéticos para os comunistas chineses, que a utilizaron como plataforma para ocupar o resto da China.
 
En 1949, a provincia de Jilin era moito máis pequena, abranguendo tan só os arredores de [[Changchun]] e a cidade de Jilin, onde estaba a capital. Nos anos cincuenta ampliouse ata a súa extensión actual. Durante a [[Revolución Cultural]] ampliouse de novo para incluír parte da Mongolia Interior, ata a fronteira con [[Mongolia]], aínda que este cambio non durou moito.
10.315

edicións