Sony: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Andalcant (conversa | contribucións)
Andalcant (conversa | contribucións)
→‎Consolidación: avanzara > avanzase
Liña 39:
{{Cita|Nós debemos afrontar problemas coma as grandes compañías [...] Nós temos que crear e introducir tecnoloxías que as grandes compañías non poden. A reconstrución do Xapón depende do desenvolvemento de tecnoloxías dinámicas<ref>http://www.sony.net/Fun/SH/1-1/h2.html</ref>.}}
 
Ibuka e Morita colaboraron para que a empresa avanzaraavanzase de cara á mellora dos produtos electrónicos no fogar, desbotando os métodos militares de épocas pasadas. A comezos da década de 1950, a compañía fabricou o primeiro modelo xaponés de gravadora de cintas, chamado ''Type-G''.
 
Tamén a comezos dos 50, Ibuka, viaxou a [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e informouse dun novo invento chamado [[transistor]] e que fora creado polos [[Laboratorios Bell]]. Ibuka conseguiu a licenza do transistor para a súa compañía. Bell estaba centrando os seus estudos en aplicar a nova tecnoloxía no ámbito militar. Mentres que as empresas americanas fabricaron as primeiras radios con transistor, a empresa de Ibuka centrouse en adaptar os transistores radiofónicos para uso doméstico. En agosto de 1955 fabricouse o primeiro transistor radiofónico doméstico chamado ''TR-55''. En decembro do mesmo ano, sae á venta a nova versión do transistor, chamada ''TR-72''. Este modelo contaba con seis transistores que melloraban notablemente a calidade do son respecto ao seu predecesor. O produto foi un éxito comercial a finais dos '50 e durante boa parte dos '60. A partir destes feitos, a compañía continuou mellorando o seu produto coas versións ''TR-6'' e ''TR-63''.