Damnatio memoriae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{título en cursiva}}
[[Ficheiro:Severan dynasty - tondo.jpg|miniatura|[[Tondo]] coa familia de [[Septimio Severo]] no que aparecen retratados Severo, a súa dona [[Xulia Domna]], os seus fillos [[Caracalla]], e [[Xeta]], cuxa face foi borrada pola súa ''damnatio memoriae'' ordenada polo seu irmán e asasino Caracalla.]]
'''''Damnatio memoriae''''' é unha locución [[latín|latina]] que significa literalmente "condena da memoria". Era unha práctica habitual na antiga Roma, consistente, coma o seu propio nome indica, en condenar a lembranza dun inimigo do Estado trala súa morte.
Cando o [[Senado Romano]] decretaba oficialmente a ''damnatio memoriae'', procedíase a eliminar todo canto lembrase ao condenado: imaxes, monumentos, inscricións, e incluso chegábase á prohibición de usar o seu nome. Moitos [[emperador romano|emperadores]] víronse tamén afectados por esta práctica, como se amosa a continuación.