N-525: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Historia: + dato desde N-640
Liña 12:
Este traxecto foi a vía tradicional de paso do camiño real desde Ourense cara a Castela a través da comarca de [[Seabra]]. En varios tramos discorre paralela á [[Vía da Prata]] do [[Camiño de Santiago]]. Entre [[Rionegro del Puente]] e [[Ourense]] correspóndese coa vella [[estrada Villacastín-Vigo]]. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das [[estradas nacionais de España]], estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).
 
Actualmente está caendo en desuso debido á autovía [[A-52]] (Benavente - Vigo) e á autoestrada [[Autoestrada Central Galega|AP/AG-53]] (Ourense - Santiago de Compostela). Comparte parte do seu camiño coa estrada [[N-640]] entre [[Lalín]] e [[Chapa, Silleda|Chapa]].
 
Nesta vía, á altura de [[Colinas de Trasmonte]], morreu en 1976 a cantautora [[Cecilia (cantante)|Cecilia]] cando volvía dun concerto en [[Vigo]].