Afonso II de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
 
== Reinado ==
O reinado de Afonso II caracterizouse polo un novo estilo de goberno, contrario á tendencia belicistas dos seus antecesores. Afonso II non contestou as súas fronteiras con [[Reino de Galicia|Galicia]] e [[Reino de León|León]], nin buscou a expansión para o sur (non obstante no seu reinado ter sido tomado aos [[ImperioHistoria Islámicodo islam|mouros]] a cidade de [[Alcácer do Sal]], en [[1217]], pero por iniciativa dun grupo de nobres, liderados polo [[Patriarcado de Lisboa|bispo de Lisboa]]), preferindo consolidar a estrutura económica e social do país. O primeiro conxunto de leis portuguesas é da súa autoría e visan sobre temas como a propiedade privada, dereito civil e cuñaxe de moeda. Foron aínda publicadas embaixadas a diversos países europeos, co obxectivo de establecer tratados comerciais. A pesar de non ter tido problemas militares, enviou tropas portuguesas que, ao lado de castelás, aragonesas e francesas, combateron bravamente na célebre [[batalla das Navas de Tolosa]] en defensa da [[Península Ibérica]] contra os [[musulmán]]s.
 
Outras reformas de Afonso II tocaron na relación da coroa portuguesa co [[Papa]]. Cara á obtención do recoñecemento da independencia de [[Portugal]], [[Afonso I de Portugal|Afonso I]], o seu avó, foi obrigado a lexislar varios privilexios para a Igrexa. Anos despois, estas medidas comezaron a ser un peso para Portugal, que vía a Igrexa desenvolverse como un estado dentro do estado. Coa existencia de Portugal firmemente establecida, Afonso II procurou minar o poder clerical dentro do país e aplicar parte dos ingresos das igrexas en fins de utilidade nacional. Esta actitude deu lugar a un conflito diplomático entre o Papado e Portugal. Despois de ter sido excomungando polo [[Honorio III, papa|Honorio III]], Afonso II prometeu rectificar os seus erros contra a Igrexa, mais morreu en [[1223]] excomungando, sen facer ningún esforzo serio para cambiar a súa política.