Diferenzas entre revisións de «Jet set»

sen resumo de edición
m (Bot: Retiro 13 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1259750)
{{título en cursiva}}
'''''Jet set''''' é un termo xornalístico empregado para referirse a un grupo social de persoas ricas que participan en actividades sociais polo xeral inacadables economicamente polo común dos individuos. O termo é un [[anglicismo]] derivado do estido de vida deste grupo social exclusivo, que acostuma a viaxar en [[Avión (medio de transporte)|avión]]s, coñecidos en [[Lingua inglesa|inglés]] co nome ''jet aircrafts''. Atribúeselle a creación deste termo ó xornalista Igor Cassini, que traballaba no ''New York Journal-American''.
 
Nos anos 50 os traslados en avión estaban prácticamente reservados a persoas ricas. Posteriormente abaratáronse, facendo que fosen accesibles a un maior número de persoas. De tódolos xeitos o termo jet set séguese empregando para identificar a aqueles individuos con patrimonio abondo e tempo como para viaxar regularmente por pracer. Tamén serve para referirse á xente que se traslada en avión privado.