Laura Quintillán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Laura Quintillán Núñez''', nada en [[Montevideo]] en [[1956]], é unha [[Violín|violinista]] e política galega de [[Comunistas da Galiza]].
[[Ficheiro:Eleccións a Cortes Xerais 2016. Senado Pontevedra.JPG|miniatura|Papeleta dos candidatos ao [[Senado de España|Senado]] por [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]] nas [[Eleccións Xerais de 2016 en España|Eleccións Xerais de 2016]].]]
 
== Traxectoria ==
Naceu nunha familia de emigrantes galegos no [[Uruguai]]. Estudou na Escola Universitaria de Música con Jorge Risi<ref>[http://www.eumus.edu.uy/eum/docentes/risi-jorge Escola Universitaria de Música]</ref> Foi membro da Orquesta Sinfónica del Sodre e da [[Philharmonie Südwestfalen|Siegerland-Orchester]]. En 1979 foi un dos membros fundadores do grupo [[Milladoiro (grupo musical)|Milladoiro]], forma parte do grupo Tangata e actúa tamén a dúo coa súa irmá [[Marina Quintillán|Marina]]. Colaborou con artistas como [[Emilio Cao]] ou [[Carlos Núñez]]. Militante do [[Partido Comunista do Pobo Galego]] cando en 2008 esa formación rompeu co [[PCPE]] integrouse en [[Comunistas da Galiza]], o novo referente galego do PCPE, participou en varias candidaturas electorais tanto do PCPG como de Comunistas da Galiza-PCPE. Nas eleccións municipais de 2015 foi a cabeza de lista da súa formación ao concello de [[Vigo]].