Bioloxía do desenvolvemento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 35:
[[Ficheiro:HumanEmbryogenesis.svg|miniatura|300px|Estadios iniciais da [[embrioxénese humana]].]]
 
O espermatozoide e o óvulo fusiónanse no proceso de fertilización para formar un ovo fertilizado ou [[cigoto]].<ref>Jungnickel, M.K., Sutton, K.A. and Florman, H.M. (2003) In the beginning: lessons from fertilization in mice and worms. Cell 114, 401-404</ref> Ese experimenta un período de divisións para formar unha bóla ou lámina de células similares chamado [[blástula]] ou [[blastoderma]]. Estas divisións celulares son normalmente rápidas e sen crecemento do tamaño celular, polo que as células fillas son da metade do tamaño da célula nai e o embrión no seu conxunto mentense inicialmente co mesmo tamaño. Estas dividións denomínanse divisións de clivaxe. Os movementos morfoxenéticos converten a masa de células nunha estrutura de tres capas que consta de capas multicelulars chamadas [[ectoderma]], [[mesoderma]] e [[endoderma]], que se coñecen como [[capas xerminais]]. Este é o proceso de [[gastrulación]]. Durante a clivaxe e a gastrulación ocorren os primeiros eventos de especificación rexional. Ademais da formación das tres capas xerminais, estas a miúdo xeran estruturas extraembrionais, como a [[placenta]] dos mamíferos, necesaria para o sostén e nutrición do [[embrión]],<ref>Steven, D.H.(ed.) (1975) Comparative Placentation. Academic Press, London</ref> e tamén establecen diferenzas dono destino das células ao longo do eixe anteroposterior (cabeza, tronco e cola).<ref>Kimelman, D. and Martin, B.L. (2012) Anterior-posterior patterning in early development: three strategies. Wiley Interdisciplinary Reviews-Developmental Biology 1, 253-266.
</ref>