Estación de Vitoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 23:
O ferrocarril chegou á entón pequena cidade de [[Vitoria]] en [[1862]] coa apertura do tramo [[Miranda de Ebro]]-[[Altsasu]] da liña férrea que unía [[Madrid]] coa fronteira francesa.<ref name="A">''Vasco navarro trena: El ferrocarril vasco navarro'' - Juan José Olaizola Elordi - Bilbo : EuskoTren, [[2002]]. ISBN 84-920629-6-7</ref> Para a ocasión construíuse unha pequena estación por Letourneur, enxeñeiro francés responsable da construción da propia liña e que en [[1864]] construiría tamén a [[estación de Donostia]].
 
En [[1889]] abriuse un novo tramo de vías, esta vez de [[ancho métrico]], que unía [[Vitoria]] con [[Salinas de LenizLeintz-Gatzaga]] e que foi posteriormente completado con máis tramos. A explotación destas liñas corría a cargo do Ferrocarril Vasco-Navarro e operaba desde unhas pequenas instalacións ata a construción da estación de Vitoria-Norte en [[1914]]. O 31 de decembro de [[1967]] a liña foi pechada ao tráfico.
 
En [[1989]], o Goberno de España e o [[Goberno Vasco|Goberno autonómico vasco]] chegaron a un acordo para poñer en marcha o [[Y vasco]], unha liña de alta velocidade que enlazará as tres capitais vascas. As obras iniciáronse en [[2006]].<ref>[http://www.diariovasco.com/pg060401/prensa/noticias/AlDia/200604/01/DVA-ALD-284.html O 'Y' vasco arrinca coa adxudicación da obra do primeiro tramo, que discurrirá por Áraba]</ref> Por outra banda, Vitoria verase tamén conectada á rede de alta velocidade grazas á liña Venta de Baños-Burgos-Vitoria, para o que se prevé un soterramento das vías coa construción dun túnel de 6,8 km e dunha nova estación baixo o [[Parque de Arriaga]]. A estación contará con seis vías pasantes que se atoparían a 17 metros de profundidade. O custo total do soterramento do tren en Vitoria ascende a 476 millóns de euros. Nesta estación terá lugar a unión desta liña de alta velocidade co [[Y vasco]].<ref>[http://www.elcorreodigital.com/alava/20080723/local/fomento-compromete-financiar-soterramiento-200807231902.html Fomento comprométese a financiar o 51% do soterramento do tren en Vitoria]</ref>