Lingua irlandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 193:
O movemento inicial de defensa da lingua partiu dos [[protestante]]s irlandés, como o lingüista e relixioso [[William Neilson]] a finais do [[século XVIII]]. O maior pulo deuse coa fundación da [[Liga Gaélica]], ''Conradh na Gaeilge'', por [[Douglas Hyde]], que deu lugar ao [[Renacemento Gaélico]]. Entre os seus defensores estaban [[Patrick Pearse]] e [[Éamon de Valera]]. O interese no rexurdimento coincidiu con outros renacementos culturais, como a fundación da [[Asociación Atlética Gaélica]] e o incremento na representación de obras de teatro sobre Irlanda en inglés por autores como [[William Butler Yeats]], [[J.M. Synge]], [[Sean O'Casey]] e [[Lady Gregory]], co seu lanzamento do [[Teatro Abbey]].
 
AindaAínda que os autores do Teatro Abbey escribisen en inglés (e, de feito, a algúns desagradáballes o irlandés), a lingua influenciounos. A versión do inglés falada en Irlanda mantén semellanzas con modismos gramaticais irlandeses, o que se observan claramente nas obras de Yeats, [[George Bernard Shaw]], [[Oscar Wilde]] e máis recentemente [[Seamus Heaney]], [[Paul Durcan]], [[Dermot Bolger]] e moitos outros.
 
En [[1914]] iniciouse unha campaña da [[Igrexa de Irlanda]] para promover o culto en irlandés, coa fundación de ''Cumann Gaelach na hEaglaise''.