Eurozona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 14:
 
== Historia e características ==
A eurozona foi creada en [[1999]] por 11 países da Unión Europea, mais os billetes e moedas non comezaron a circular até o 1 de xaneiro de 2002. Posteriormente incorporáronse [[Grecia]] o [[1 de xaneiro]] de [[2001]] (entrando en circulación xunto cos anteriores), [[Eslovenia]] o 1 de [[xaneiro]] de [[2007]], [[Malta]] e [[Chipre]] o 1 de xaneiro de [[2008]], [[Eslovaquia]] o 1 de xaneiro do [[2009]], [[Estonia]] o 1 de xaneiro de [[2011]], [[Letonia]] o 1 de xaneiro de [[2014]] e [[Lituania]] o 1 de xaneiro de [[2015]]. Respecto dos territorios dos Estados da Unión que non pertencen á propia UE, utilizan o euro as colectividades de ultrmarultramar francesas de [[San Pedro e Miguelón|San Pedro e Miquelón]], San Bartolomé, as Terras Antárticas e Austrais Francesas e a illa de Clipperton, así como as bases soberanas británicas de Acrotiri e Dekhelia situadas na illa de Chipre.
 
Ademais destes 19 países existen outros fóra da Unión Europea que tamén teñen o euro como moeda única. Entre eles están [[Mónaco]], [[San Marino]], [[Cidade do Vaticano]] (que emiten os seus propios euros grazas a que teñen acordos legais coa Unión Europea), [[Andorra]] (ten acordos legais coa Unión Europea pero non emite euros propios). [[Kosovo]] e [[Montenegro]] utilízana sen acordos legais coa Unión Europea.
 
Os países da Unión Europea que non están na '''eurozona''' pero teñen a obriga de adoptalo son [[Bulgaria]], [[Croacia]], [[Suecia]], [[Hungría]], [[Polonia]], [[República Checa]] e [[Romanía]]. O [[Reino Unido]] e [[Dinamarca]] gozan dunha cláusula de exclusión que lles permite continuar a uutilizar as súas moedas nacionais indefinidamente.
 
[[Categoría:Europa]]