Eurozona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
incorporación de datos
Liña 9:
|}]]
 
A '''eurozona''' ou '''zona euro''' é unha rexión [[Europa|europea]] que agrupa aos [[país]]es da [[Unión Europea]] que teñen como [[moeda]] oficial o [[euro]] (€). O [[Banco Central Europeo]] é o responsábel da política monetaria na zona euro, e o eurogrupo é o órgano político que reúne ós representantes dos países que utilizan esta moeda.
 
Os 19 países membros da '''zona euro''' son, dende 2015, [[Alemaña]], [[Austria]], [[Bélxica]], [[Chipre]], [[Eslovaquia]], [[Eslovenia]], [[España]], [[Estonia]], [[Finlandia]], [[Francia]], [[Grecia]], [[Irlanda]], [[Italia]], [[Letonia]],[[Lituania]], [[Luxemburgo]], [[Malta]], [[Países Baixos]] e [[Portugal]].
 
== Historia e características ==
A eurozona foi creada en [[1999]] por 11 países da Unión Europea, mais os billetes e moedas non comezaron a circular até o 1 de xaneiro de 2002. Posteriormente incorporáronse [[Grecia]] o [[1 de xaneiro]] de [[2001]] (entrando en circulación xunto cos anteriores), [[Eslovenia]] o 1 de [[xaneiro]] de [[2007]], [[Malta]] e [[Chipre]] o 1 de xaneiro de [[2008]], [[Eslovaquia]] o 1 de xaneiro do [[2009]], [[Estonia]] o 1 de xaneiro de [[2011]], [[Letonia]] o 1 de xaneiro de [[2014]] e [[Lituania]] o 1 de xaneiro de [[2015]]. Respecto dos territorios dos Estados da Unión que non pertencen á propia UE, utilizan o euro as colectividades de ultrmar francesas de San Pedro e Miquelón, San Bartolomé, as Terras Antárticas e Austrais Francesas e a illa de Clipperton, así como as bases soberanas británicas de Acrotiri e Dekhelia situadas na illa de Chipre.
 
Ademais destes 19 países existen outros fóra da Unión Europea que tamén teñen o euro como moeda única. Entre eles están [[Mónaco]], [[San Marino]], [[Cidade do Vaticano]] (que emiten os seus propios euros grazas a que teñen acordos legais coa Unión Europea), [[Andorra]] (ten acordos legais coa Unión Europea pero non emite euros propios),. [[Kosovo]] e [[Montenegro]] (nonutilízana teñensen acordos legais coa Unión Europea).
 
Os países da Unión Europea que non están na '''eurozona''' pero teñen a obriga de adoptalo son [[Bulgaria]], [[Croacia]], [[Dinamarca]], [[Reino Unido]], [[Suecia]], [[Hungría]], [[Polonia]], [[República Checa]] e [[Romanía|Romanía O Reino Unido e Dinamarca desfrutan dunha cláusula de exclusión que lles permite manter indefinidamente as súas moedas nacionais.]].
 
[[Categoría:Europa]]