Abrir o menú principal

Cambios

m
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Fp-map.gif|miniatura|260px|Mapa da Polinesia Francesa]]
De 45 km de longo entre os seus puntos extremos, ten aproximadamente 1.045 km², dos cales só 150 están habitados e explotados. O pico máis alto, e o [[Monte Orohena]], de 2.241 m. Atópase aproximadamente nos 17 graos de latitude sur e 150 graos oeste. A súa capital, [[Papeete]], está situada na costa noroeste. A illa componse de duasdúas partes máis ou menos redondas centradas nas montañas volcánicas, conectadas por un brazo curto da terra, o [[istmo]] de [[Taravao, Tahití|Taravao]]. A maior delas na parte noroeste é a chamada '''Tahiti Nui''' (Gran Tahiti) e a outra no sueste '''Tahití Iti''' (Pequeno Tahiti) ou Taiarapu. Tahiti Nui está densamente poboada ao redor da costa (especialmente ao redor de Papeete) cos beneficios das estradas e autoestradas. O interior de Tahiti Nui está case deshabitado. Tahití Iti mantívose illado, a súa metade sueste (Te Pari) e accesible só por barco. Un camiño serpentea ao redor da illa principal entre as montañas e o mar e unha estrada interior sobe as granxas leiteiras e plantacións de cítricos, con vistas panorámicas. Tahití ten moitas correntes rápidas, incluíndo a Papenoo no norte. Tahití ten exuberantes selvas.
 
Tahití é a illa máis poboada da [[Polinesia francesa]], co 70% da poboación total. A poboación da Polinesia francesa era de 260.338 persoas en [[2007]]. A área urbana da capital, [[Papeete]], ten 128.000 habitantes. O idioma oficial é o [[lingua francesa|francés]].
A 15 km ao oeste de Tahití, atópase a illa irmá de [[Moorea]], que se pode ver perfectamente desde o oeste de Tahiti Nui. Moitos traballadores viven en Moorea e van a traballar a Tahití en [[Ferry, barco|transbordador]] todas as mañás.
 
De novembro a abril é a tempada de choivas, o mes máis chuvioso é xaneiro, con 335 mm. en Papeete. Agosto é o máis seco, con 48 mm.. A temperatura media maís baixa é de 21° C e a media maís alta alta é de 31° C, con pouca variación estacional. A temperatura máis baixa en Papeete foi de 16° C e a máis alta de 34° C.
 
== Localidades Tahitianas ==
 
18.498

edicións