Guerra civil rusa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Liña 87:
 
=== Ofensiva e derrota das forzas de Kolchak ===
{{AP|Aleksandr Kolchak}}
 
Baixo o mando do almirante Kolchak cristalizou unha ditadura militar en Siberia e na zona do [[Ural]] No inverno de 1918/19 estableceuse un goberno firma, favorecido polas preocupacións internacionais do goberno comunista, daquela xa asentado en Moscova. Os bolxeviques agardaban unha extensión internacional do movemento revolucionario, sentimento favorecido pola revolución de novembro de 1918 en Alemaña. Por outro lado Trotski consideraba que a situación dos frontes de guerra era a comezos de 1919 tranquila e con avantaxe para os comunistas.
Nese clima a ofensiva do Exército Branco do 4 de marzo de 1919 foi inicialmente un golpe duro para o poder soviético. O obxectivo do ataque era Ufa, nó central de comunicacións ferroviarias dos Urais. Foi levado a cabo por dous grupos de exército. O grupo do oeste, dirixido pola xeral Khanzin dirixiuse directamente a Ufa. O exercito siberiano comandado polo xeral checo Gajda estaba 200 km ó norte e debía atacar dende [[Perm]]. Conseguiu avanzar 300 km en territorio vermello, pero nunha área na que non había nin cidades importantes nin puntos de importancia estratéxica para o transporte. O pulo dos Brancos pillou por sorpresa ós dirixentes militares comunistas. O grupo oeste dos brancos conquistou Ufa o 28 de abril de 1919 e cortou o acceso ferroviario os Urais. Os defensores perderon uns 20.000 soldados, pero a situación estratéxica dos vencedores era complexa. Controlaban unha área de 300 km de longo e só 150 de ancho en territorio inimigo na que quedaban moi expostos e co exercito de Gajda moi afastado para axudarlles. O mesmo 28 de abril os Vermellos empezaron o contraataque, recuperaran Ufa e os Brancos perderan todo o territorio gañado.
 
A dirección bolxevique tomou por fin en serio a ameaza no seu fronte oriental e Lenín proclamou a necesidade de recuperar a zona do Ural antes do inverno para evitar o fracaso da Revolución.Os grupos do exercito vermello no leste foron reforzados, pasando de 84.000 a 360.000 homes a fins de maio de 1819 fronte ós 100.000 dos inimigos. A ofensiva vermella do verán de 1919 foi devastadora. O 1 de xullo caeu Perm provocando a retirada desordenada dos Brancos cara ó leste. Dúas semanas despois capturaron Ekaterinburg, o núcleo industrial máis importante dos Urais, o24 de xullo [[Cheliabinsk]] e s brancos foron expulsados [[montes Urais]].
A perda desta liña defensiva foi un desastre para o movemento antibolxevique. O terceiro grupo meirande dos que o formaban, o exercito do sur dirixido por Belov, quedou illado nos arredores de Orenburg e tivo que renderse en setembro de 1919. Os outros dous grupos non tiveron máis sorte, o avance Vermello era imparable. En outubro estaban xa preto de {{[[Omsk]], centro do goberno de Kolchak. A cidade rendiuse sen loitar o 14 de novembro.
 
=== O movemento branco na Rusia europea ===