Batalla de Teruel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
Liña 47:
As tropas republicanas, seguras dunha vitoria fácil pola gran desproporción de material e homes entre os dous bandos, inician a ofensiva o [[15 de decembro]] sobre as 15:00 horas, sen empregar apenas artillería nin aviación, con tres columnas de entrada.
 
[[Ficheiro:CR.32.jpeg| thumb|dereita|300pxminiatura|Avión Fiat CR.32 que loitou polo bando nacional]]
 
O plan inicial do [[Vicente VermelloRojo Lluch|xeralxeneral VermelloRojo]] era rodear a cidade nunha operación de envolvimiento usando seis divisións, establecendo ao mesmo tempo outras dúas divisións que se irían reforzando para evitar a prevista contraofensiva nacionalista. Líster coa 11ª División toma [[Concud]], mentres que a 25ª División fai o propio con San Blas. Dous corpos de exército rodean rapidamente a cidade e íllana de subministracións e reforzos nacionalistas. Os atacantes contactan co XVIII Corpo de Exército o día 20. A sorpresa permite a [[Enrique Líster]] chegar aos arredores da cidade e tomar prisioneiros. O frío (durante os días de combate chegouse aos -20 °C) era intenso e os soldados republicanos ían mellor equipados para o ataque. O [[17 de decembro]] os republicanos empregan abundantemente a aviación, causando graves danos ás forzas aéreas nacionalistas que acudiran en axuda dos asediados. Os ''raids'' aéreos sucédense entre os [[Fiat CR-32]] e os [[Messerschmitt Bf 109]] nacionalistas, e os [[Polikarpov I-15]] e [[Polikarpov I-16|I-16]] republicanos. Estes derruban numerosos bombardeiros [[Heinkel Hei 111]]. O día 18 os republicanos colocan un corpo de exército ao sur de Teruel, sobre a Muela, e atacan o Cemiterio vello.
 
[[Ficheiro:Polikarpov I-15bis.jpg| thumb|dereita|300pxminiatura|Avión Polikarpov I-15 que loitou polo bando repúblicano]]
 
A aviación nacionalista, con temperaturas nos aeródromos de Castela de ata -10 °C, apenas pode ofrecer resistencia ao avance republicano. As divisións nacionalistas aínda non están preparadas para liberar aos asediados. O 19 de decembro algunhas tropas do xeneral [[Antonio Aranda Mata|Aranda]] chegan á fronte, pero o seu número é moi reducido e apenas poden facer nada. Ese mesmo día prodúcense os primeiros combates dentro da cidade, no cemiterio e o campo de fútbol. O [[22 de decembro]] varias unidades republicanas entran na cidade de Teruel con apoio da artillería, que controla o perímetro da cidade, e ven os primeiros carros republicanos na emblemática Praza do Torico. A vitoria cómoda favorece un desenvolvemento precipitado dos movementos de tropas republicanas que sofren un gran número de baixas polo sistema de defensa pechado que ofrecen os nacionalistas, sabedores de que só un combate casa por casa pode parar a ofensiva.