Factor abiótico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
En [[bioloxía]] e [[ecoloxía]], os '''factores abióticos''' ou '''compoñentes abióticos''' son as partes químicas ou físicas non vivas do medio ambiente que afectan aos [[ser vivo|organismos]] vivos e ao funcionamento dos [[ecosistema]]s. Entre os factores abióticos están a auga, luz, radiación, temperatura, presión, humidade, concentracións dos gases atmosféricos, condoiciónscondicións do [[solo]], concentración de substancias químicas etc.
 
Os '''compoñentes abióticos''' comprenden as condicións físicas e os recursos non vivos que afectan ao crecemento, mantemento ou reprodución dos organismos vivos. Os recursos son as substancias ou obxectos no ambiente que un organismo require e consome ou que fai que queden dispoñibles para outros organismos.<ref>Ricklefs, R.E. 2005. ''The Economy of Nature, 6th edition''. WH Freeman, USA.</ref><ref>Chapin, F.S. III, H.A. Mooney, M.C. Chapin, and P. Matson. 2011. Principles of terrestrial ecosystem ecology. Springer, New York.</ref>
 
Entre os factores abióticos físicos están: temperatura (temperatura media no ecosistema, oscilacións da temperatura, temperaturas mínimas por debaixo da conxelación), cantidade de luz (moita luz, sombra, horas de luz), precipitacións (cantidade, uniformes ao longo do ano, estación seca), humidade atmosférica, vento, presión etc. Moitos destes factores están influídos polo clima.<ref name=EoEarth>{{cite web |url=http://www.eoearth.org/article/Abiotic_factor?topic=49461 |title=Abiotic factor |publisher=National Council for Science and the Environment |year=2010 |last=Hogan |first=C. Benito |location=Washington,D.C. |work=Encyclopedia of Earth}}</ref> Entre os factores químicos están: pH (concentración de H<sup>+</sup>), cantidade de oxíxeno (disolto na auga, nos poros do solo), cantidade de auga e aire no solo, salinidade, concentración de nutrientes ou toxinas etc. Nos ecosistemas terrestres os factores principais son a luz, temperatura e humidade atmosférica. Nos ecosistemas acuáticos os máis importantes son a luz, temperatura, salinidade, cantidade de oxíxeno, presión, movementos da auga (correntes, ondas), nutrientes disoltos etc. Ademais, hai que ter en conta que a viscosidade e densidade da auga é maior que a do aire.