Salmos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Matinas.
Liña 137:
Os cristiáns [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxos]] e [[Igrexa Católica|católicos]] que seguen o [[rito bizantino]] levan moito tempo considerando os Salmos como parte integral das súas oracións privadas e de grupo. Para facilitar a súa lectura, os 150 Salmos están divididos en 20 ''cacismata'' (do grego: καθισματα, en eslavo: каѳисмы, ''cafismi''), e cada ''cacisma'' (do grego: καθισμα, en eslavo: каѳисма, ''cafisma'') estaba subdividido en tres ''staseis'' (do grego: στασεις, sing. στασις, ''stasis'').
 
Nas [[vésperas]] e nos [[maitínsmatinas]] lense diferentes cacismata en diferentes datas do ano litúrxico e variando cada día da semana, segundo o calendario da Igrexa, de tal xeito que todos os 150 Salmos (20 cacismata) se len no transcurso dunha semana. no século XX, algúns cristiáns laicos adoptaron a lectura continua dos Salmos os días de semana (de luns a venres), salmodiando o libro enteiro en catro semanas, tres veces ao día, un cacisma cada día.
 
Á parte das lecturas dos cacismata, os Salmos ocupan un lugar prominente nos outros servizos ortodoxos incluíndo os [[Horas canónicas|servizos das Horas]] e a [[liturxia divina]]. En particular, o [[Salmo 51|Salmo 50]] penitencial é amplamente usado. Úsanse fragmentos e versos individuais dos Salmos como [[Proquimenon|proquimena]] (introducións ás lecturas das Escrituras), e [[Stighera]]. O groso das [[vésperas]] seguiría estando composto de Salmos aínda que os cacismata fosen obviados; o [[Salmo 119|Salmo 118]], "o Salmo da [[Halagha|lei]]," é a peza central dos [[maitínsmatinas]] dos sábados, algúns domingos e en servizos [[Funeral|funerarios]]. O libro dos Salmos é lido an voz alta ou cantado, tradicionalmente, ao lado dos finados durante os momentos que levan ao soterramento, como na tradición xudía.
 
=== Uso católico ===
Os Salmos sempre foron parte da [[liturxia]] [[Igrexa Católica|católica]]. A [[Liturxia das Horas]] (horas canónicas) está centrada no canto ou recitación dos Salmos, usando fórmulas melódicas fixadas coñecidas como [[tons de recitación]]. Os primeiros católicos usaban os Salmos amplamente nas súas oracións individuais, aínda así, ao tempo que o coñecemento do latín (a lingua do [[rito latino]]) minguaba, esta práctica cesaba entre os analfabetos. Con todo, ata a fin da Idade Media sábese que o pobo laico cantaba no Pequeno Oficio da Benaventurada Virxe María, que era unha versión acortada da [[Liturxia das Horas]] que proporcionaba un ciclo diario fixo de vinte e cinco Salmos para ser recitados e outros nove divididos en maitínsmatinas.
 
O traballo do Bispo Challoner en intentar proporcionar material de devoción en inglés significaba que moitos dos Salmos eran familiares para os católicos angloparlantes dende o século XVIII en adiante. Challoner traducíu todo o Oficio da Nosa Señora ao inglés, así como as Vésperas do domingo e as Completas diarias. Tamén proporcionou outros Salmos individuais como os 129 e 130 para o rezo dos seus libros devocionais. Challoner tamén é famoso pola revisión da Biblia de Rheims de Douai, e as traducións que el usou nos seus libros devocionais saíron dese traballo.