Programación orientada a obxectos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - ortografía: *interfaz -> interface
m →‎Introdución: diferenza
Liña 2:
 
== Introdución ==
Os obxectos son entidades que combinan ''estado'', ''comportamento'' e identidade. O estado está composto de datos, e o comportamento por procedementos ou ''[[métodos (programación orientada a obxectos)|métodos]]''. A identidade é unha propiedade dun obxecto que o diferenciadiferenza do resto. A programación orientada a obxectos expresa un programa como un conxunto destes obxectos, que colaboran entre eles para realizar tarefas. Isto permite facer os programas e módulos máis fáciles de escribir, manter e reutilizar.
 
Desta maneira, un obxecto contén toda a información que permite definilo e identificalo fronte a outros obxectos pertencentes a outras clases ou fronte a obxectos dunha mesma clase, ao poder ter valores ben diferenciados nos seus atributos. Á súa vez, os obxectos dispoñen de mecanismos de interacción chamados métodos que favorecen a comunicación entre eles. Esta comunicación favorece á súa vez o cambio de estado nos propios obxectos. Esta característica leva a tratalos como unidades indivisibles, nas que non se separan nin deben separarse estado e comportamento.