Igrexa de San Pedro de Rebón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Lameiro (conversa | contribucións)
engado información
Liña 6:
 
==Descrición==
Conserva da súa estrutura orixinal a [[ábsida]] semicircular, os [[canzorro]]s con diversas figuras humanas e animais e os [[capitel|capiteis]] interiores. A ábsida está dividida en tres tramos por dúas [[columna (arquitectura)|columnas]] acaroadas, que se completan por dous [[contraforte]]s na unión da ábsida coa nave; en cada unha daquelas columnas hai esculpida unha pequena figura hoxe irrecoñecible. No tramo central abríase unha ventá de arco semicircular, na actualidade cegada, na que se colocou unha imaxe, moi deteriorada, de [[arcanxo Miguel|san Miguel]]. Esta imaxe foi roubada en 2011 e non volveu aparecer.

Os veciños pedían a intercesión deste san Miguel con oracións coma esta:
: ''San Miguel, pesai as almas,''
: ''San Miguel, pesainas ben.''
: ''San Miguel, pesai as almas,''
: ''pesai a miña tamén.''

No pinche posterior da igrexa, sobre a ábsida, ábrese un [[rosetón]] con celosía en moldura redonda lisa con decoración xeométrica. A cornixa está apoiada nunha serie de canzorros figurados, entre os que hai gravados motivos xeométricos consistentes en rosetas sextifolias ou estrelas de seis puntas.
 
[[Ficheiro:Canzorros da igrexa de San Pedro de Rebón, Moraña.jpg|miniatura|300px|Canzorros románicos.]]