Batalla de Winwaed: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 7:
 
== Batalla ==
Penda, despois de reunir os seus aliados de [[Reino de Anglia Oriental|Anglia oriental]] e [[Gales|do país de Gales]], marchou cara o norte, levando unha forza de ''trinta e señores da guerra''<ref>''duces regnii XXX, qui ad auxilium uenerant'' [[Beda]], libro III, cap. 24.</ref>. Oswiu, irmán de Oswald e o rei de Bernicia, a parte norte de Northumbria, foi asediado por Penda nun lugar chamado ''Urbs Iudeu'' e levou o fillo de Oswiu, Egfrid como refén. Ao parecer Oswiu estaba o suficientemente desesperado como para ofrecer grandes tesouros a Penda a cambio da paz. Segundo [[Beda]], a oferta foi rexeitada por Penda, que estaba determinado a destruír a Oswiu. Pero a ''[[Historia Brittonum]]'' contradi a Beda, dicindo que Penda aceptou e distribuíu o tesouro entre os seus aliados británicos. Se aceptarmos esta versión, os eventos posteriores poden interpretarse entendendo que Penda e o seu exército estaban voltando a casa, cando foron emboscados preto do río ''Winwaed.'' Arguméntase que Penda e o seu exército estarían nunha posición estratéxica difícil de defender durante a súa retirada, dando a Oswiu unha oportunidade para atacar demasiado boa como para deixala escapar.
 
É case seguro que o pequeno exército de Oswiu estaba inicialmente en desvantaxe numericamente fronte ao de Mercia, pero Penda sufriu as desercións dos seus aliados. Segundo a ''Historia Brittonum'', [[Cadafael ap Cynfeddw]] de [[Reino de Gwynedd|Gwynedd]] abandonouno e Beda di que [[Aethelwald de Deira]] se retirou da batalla para esperar o resultado desede un lugar seguro. Penda foi totalmente derrotado, e tanto el como Ethelhere, rei de [[Reino de Anglia Oriental|Anglia Oriental]], foron mortos, xunto con preto de trinta outros ''duces regii''. A batalla desputouse na lama das marxes do río despois dunhas choivas, moi pesados e Beda di que "moitos máis foron afogados, no canto de destruídos pola espada". Beda menciona que a Penda lle cortaron a cabeza. No [[século XII]], [[Henry de Huntingdon]] amplía a versión de Beda para incluír unha intervención sobrenatural e observou que Penda, ao morrer violentamente no campo de batalla, veu a sufrir o mesmo destino que tiña inflixido aos demais durante o seu violento reinado<ref>''Venerabilis Baedae Historia ecclesiastica gentis Anglorum'', ed. </ref>.