Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
Posibelmente fundado no ano [[952]] nun primeiro momento (aparece citado en documentos de finais do século X co nome de "San Salvador"), pouco se sabe sobre os primeiros cento cincuenta anos da súa historia. A principios do século XII o mosteiro está abandonado.
 
Foi fundado de novo no ano [[1142]], cando [[Bernardo de Claraval|San Bernardo]] envía desde [[Claraval]] (Francia), de onde é abade, unha comunidade de monxes chamados por [[Fernando Pérez de Traba]] e a súa sobriña dona [[Urraca Vermúdez]].<ref>{{Cita web|url=http://gmh.consellodacultura.org/fileadmin/arquivos/publicos/Materiais_TTO/doc_monastica_medieval_MTTO..pdf|páxina-web=Gallaeciae Monumenta Historica: Consello da Cultura Galega|título=Documentación monástica medieval galega|data-acceso=21 de xuño do 2016}}</ref> O [[14 de febreiro]] de 1142, comeza en Santa María de Sobrado a vida monástica [[Orde do Císter|cisterciense]]. Durante o resto do século XII e o século XIII o mosteiro desenvolve unha grande actividade espiritual e económica. Desta fábrica consérvanse a capela funeraria da Magdalena, a sala capitular e algunhas partes soltas.
 
Coñece despois unha etapa de decadencia que se detén no ano [[1498]], ao incorporarse a Congregación de Castela. O mosteiro recupera parte da súa grandeza; a maioría dos edificios que actualmente se conservan, comezan a construírse a partir desta nova época. A monumental igrexa remátase a finais do século XVII e conságrase en [[1708]].