Sete Partidas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Partidas.jpg|miniatura|dereita|300px|Portada das ''Sete Partidas''. Exemplar de [[1555]], glosado por [[Gregorio López]]]]
As '''''Sete Partidas''''' (ou simplemente '''''Partidas''''') son un corpo [[norma xurídica|normativo]] redactado en [[lingua castelá]], durante o reinado de [[Afonso X]] ([[1252]]-[[1284]]), co obxecto de conseguir unha certa uniformidade [[dereito|xurídica]] do Reino. O seu nome orixinal era ''Libro das Leis'' e, cara ao [[século XIV]] recibiu a súa actual denominación, polas seccións en que está dividida.
 
Segundo a teoría tradicional, compartida por [[Francisco Martínez Mariña]] e [[Antonio Solalinde]], as ''Sete Partidas'' foron redactadas por unha comisión de [[xurista]]s (ou pola [[chancelaría]] real), e a intervención do rei Afonso X limitouse a indicar a finalidade do texto e as materias a tratar, ademais de encargarse de revisar e emendar persoalmente o traballo da comisión. Integrarían esta comisión: o Mestre Jacobo, o das leis; Juan Afonso, un [[notario]] [[Reino de León|leonés]]; o Mestre Roldán; e [[Fernando Martínez de Zamora]] (un dos primeiros xuristas casteláns).