Diferenzas entre revisións de «Piemonte»

corrixo *alimentares
m (Arranxos varios using AWB)
(corrixo *alimentares)
A partir de [[1974]] (ano no que Turín acadou o seu máximo de poboación, 1.119.197 habitantes), a área turinesa foise desconxestionando, en parte a causa da deslocalización industrial que redistribuíu as industrias da capital entre todo o Piemonte e o sur de Italia, favorecendo o retorno de moitos traballadores emigrantes á terra de orixe, dende entón Turín perdeu cerca de 300.000 habitantes (no último censo contaba con 902.000), e toda a rexión sufriu unha grave [[crise económica]] que terminou recentemente grazas ao impulso vivido cos [[Xogos Olímpicos de Inverno de 2006]], que favoreceron a imaxe internacional da cidade, aumentando o [[turismo]], o que levou a que a cidade pasase de ser un importante centro industrial e comercial (que aínda é) a un importante destino turístico (sobre todo no eido dos deportes de inverno).
 
En canto o resto do Piemonte, a economía ao norte do Po é máis próspera que a do sur. [[Biella]] é un dos máis importantes centros italianos da industria laneira, [[Vercelli]] é un grande mercado europeo do arroz e conta tamén con fábricas téxtiles e químicas, mais sobre todo [[Novara]], cidade que se atopa máis preto de [[Milán]] que de Turín, coas súas industrias alimentaresalimentarias, téxtiles, mecánicas e gráficas. Outras cidades importantes son Chivasso, situada entre os outeiros de Turín e os de Monferrato, considerada a "bomba" dos arrozais de Vercelli, Novara e da Lomellina, debido a un grandioso mecanismo que bombea continuamente auga do Po ao canal [[Cavour]]. Alba, famosa polas trufas e pola industria hostaleira, [[Stresa]], importante centro turístico das ribeiras piemontesas do Lago Maggiore ou Pinerolo, cidade da cabalería. No Piemonte meridional encontramos Cuneo, Asti, no río [[Tanaro]] cunha situación privilexiada ao pé da estrada que une [[Xénova]] e Turín, cun importante mercado de produtos agrícolas e un centro de elaboración vinícola.
 
Por último destacar outro capítulo importante da economía piemontesa, o [[chocolate]]. Na rexión prodúcense 80.000 toneladas por un valor de 800 millóns de euros, empregando máis de 5.000 traballadores.
56.637

edicións