Flora intestinal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Tipos: Arranxos varios, replaced: |coauthors= → |autor2= using AWB
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *liñal
Liña 29:
Os animais [[animal gnotobiótico|gnotobióticos]] son animais nos que só viven certas cepas coñecidas de bacterias ou outros organismos, en lugar da gran diversidade habitual. Cunha serie de experimentos que utilizaron ratos gnotobióticos, os científicos demostraron que é posible predicir cambios na microbiota intestinal humana. Neses experimentos reproduciron no rato un modelo da comunidade do intestino humano de dez bacterias do intestino humano secuenciadas e estudaron a variación na composición da comunidade en resposta aos cambios na dieta do hóspede.
 
Usando varias dietas con diferentes concentracións de catro ingredientes, [[caseína]], aceite de millo, [[amidón]] de millo, e [[sacarosa]], é posible alimentar un modelo liñallineal para predicir a abundancia de cada especie bacteriana en función da dieta. Este modelo pode predicir o 61% da variación da poboación.
 
A abundancia total da comunidade (biomasa) e a abundancia de cada membro da comunidade pode explicarse mellor por cambios no consumo de caseína. Sete destas especies correlacionáronse positivamente coa concentración de caseína e as outras tres especies correlacionáronse negativamente con dita concentración.
 
Os científicos tamén estudaron algunhas dietas que consistían en combinacións aleatorias de papas/purés de comida para bebé e administráronas aos ratos. Deste modo, as dietas eran moi similares ás dietas humanas reais (de bebés). De novo, o modelo liñallineal podía predicir o 60% da variación na abundancia de especies coñecendo as concentracións dos compoñentes das dietas.<ref>Jeremiah J. Faith, et al. "Predicting a Human Gut Microbiota's Response to Diet in Gnotobiotic Mice"; Science 333, 101 (2011); DOI: 10.1126/science.1206025</ref>
 
=== Influencia da dieta na flora intestinal ===