Universo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: {{Control de autoridades}}
m correción ortográfica
Liña 43:
Observacións [[astronomía|astronómicas]] indican que o universo ten unha idade de 13,73 ± 0,12 [[mil millóns|millardos]] de anos e polo menos 93 000 millóns de [[ano luz|anos luz]] de extensión.<ref>Lineweaver, Charles; Tamara M. Davis (2005). [http://www.sciam.com/article.cfm?id=misconceptions-about-the-2005-03&catID=2&pageNumber=5 Misconceptions about the Big Bang]. [[Scientific American]]. Enlace verificado [[31 de marzo]] de [[2008]].</ref> O evento que se cre que deu inicio ao universo denomínase ''[[Big Bang]]''. Naquel instante toda a materia e a enerxía do universo observable estaba concentrada nun punto de [[densidade]] infinita. Despois do ''Big Bang'', o universo comezou a expandirse para chegar á súa condición actual, e continúa facéndoo.
 
Debido a que, segundo a [[Relatividade especial|teoría da relatividade especial]], a materia non pode moverse a unha velocidade superior á [[velocidade da luz]], pode parecer paradoxal que dous obxectos do universo puidesen separarse 93 mil millóns de anos luz nun tempo de unicamente 13 mil millóns de anos; con todo, esta separación non entra en conflito coa [[relatividade xeral|teoría da relatividade xeral]], xa que esta só afecta ao movemento no espazo, pero non ao espazo mesmo, que pode estenderse a un ritmo superior, non limitado pola velocidade da luz. Polo tanto, dúas [[galaxia]]s poden separarse unha da outra máis rápidamenterapidamente que a velocidade da luz se é o espazo entre elas o que se dilata.
 
Medicións sobre a distribución espacial e o [[corremento cara ao vermello|desprazamento cara ao vermello]] (''redshift'') de galaxias distantes, a [[radiación de fondo de microondas|radiación cósmica de fondo de microondas]], e as porcentaxes relativas dos elementos químicos máis lixeiros, apoian a teoría da expansión do espazo, e máis en xeral, a teoría do [[Big Bang]], que propón que o universo en si creouse nun momento específico no pasado.