Canal de Suez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 27:
Máis tarde, durante a [[Primeira Guerra Mundial]], os ingleses negociaron o [[Acordo Sykes-Picot]], que dividía o [[Oriente Medio]] para afastar a influencia francesa do canal. No Tratado anglo-exipcio de [[1936]], o Reino Unido retivo o control do canal.
 
En [[1951]], [[Nasser]] repudiou o tratado e en [[1956]] nacionalizou a Compañía do Canal co obxectivo de financiar a construción do [[Encoro de Asuán]], após ao recusarexeitamento dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e do Reino Unido de fornecer os fondos necesarios en represalia porque os exipcions adquiriran armamento da [[Unión Soviética]]. Os bens exipcios foron conxelados e a axuda alimentaralimentaria suprimida. Os principais accionariosaccionistas do canal eran daquela os británicos e os franceses. Alén diso, [[Nasser]] denunciou a presenza colonial do Reino Unido no Oriente Medio e apoiou os nacionalistas na [[Guerra de Alxeria]].
 
O Reino Unido, a Francia e [[Israel]] lanzáronse entón a unha operación militar, bautizada "operación mosqueteiro", o [[29 de outubro]] de [[1956]]. A [[Crise do canal de Suez]] durou unha semana. A [[ONU]] confirmou a lexitimidade exipcia e condenou a expedición franco-israelo-británica cunha resolución mediante a cal tamén se estableceu a presenza dunha forza das Nacións Unidas (UNEF). Como resultado dos danos e dos barcos afundidos, o canal fechouse até abril de [[1957]].
A [[Crise do canal de Suez]] durou unha semana. A [[ONU]] confirmou a lexitimidade exípcia e condenou a expedición franco-israelo-británica cunha resolución mediante a cal tamén se estableceu a presenza dunha forza das Nacións Unidas (UNEF). Como resultado dos danos e dos barcos afundidos, o canal fechouse até abril de [[1957]].
 
Após a [[Guerra dos seis días]] de [[1967]], o canal permaneceu fechado até [[1975]], cunha forza de paz da ONU que permaneceu estacionada até [[1974]]. En [[1973]], durante a [[Guerra do Yom Kippur]], o canal foi o escenario do ataque masivo do exército exipcio que tentou penetrar na [[Península do Sinaí]], controlada por [[Israel]]. Posteriormente, os israelís cruzárono no sentido contrario.