Leishmania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 60:
== Evolución ==
 
Os detalles da [[evolución]] deste xénero son moi debatidos, pero parece que ''Leishmania'' evolucionou a partir dunha liñaxe ancestral de [[tripanosoma]]s. A liñaxe máis antiga deste grupo é a das ''[[Bodonidae]]'', seguida de ''[[Trypanosoma brucei]]'', esta última confinada no continente africano. O ''[[Trypanosoma cruzi]]'' agrúpase cos tripanosomas de morcegos, mamíferos sudamericanossuramericanos e [[canguro]]s, o que suxire unha orixe no hemisferio sur. Estes [[clado]]s só están emparentados de bastante lonxe.
 
Os restantes clados desta árbore son ''[[Blastocrithidia]]'', ''[[Herpetomonas]]'' e ''[[Phytomonas]]''. Os catro xéneros ''[[Leptomonas]]'', ''[[Crithidia]]'', ''Leishmania'' e ''[[Endotrypanum]]'' forman as pólas terminais, o que indica unha orixe recente. Varios destes xéneros poden ser [[polifilético]]s, polo que pode ser necesario facer unha maior división.<ref name=Hughes2003>Hughes AL, Piontkivska H. Phylogeny of Trypanosomatidae and Bodonidae (Kinetoplastida) based on 18S rRNA: evidence for paraphyly of Trypanosoma and six other genera. Mol Biol Evol 20(4):644-652</ref>