Adenilato ciclase: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal |
Sen resumo de edición |
||
Liña 10:
}}
A '''adenilato ciclase''' (AC, {{EC number|4.6.1.1}}), tamén chamada '''adenilil ciclase''' ou '''adenil ciclase''', é un [[encima]] que exerce unha función reguladora esencial na célula. É o encima máis [[polifilético]] coñecido, xa que se descubriron seis clases deste encima, todas as cales catalizan a mesma reacción pero representan [[familia xénica|familias de
Todas as clases de AC [[catálise|catalizan]] a conversión de [[adenosina trifosfato|ATP]] a [[AMP cíclico|AMP 3',5'-cíclico]] (AMPc) e [[pirofosfato]]. Xeralmente cómpren [[catión]]s divalentes (normalmente Mg<sup>2+</sup>) para que teña lugar a reacción e parecen estar moi implicados no mecanismo encimático. O AMPc producido pola AC serve despois como sinal regulador que actúa por medio de proteínas que se unen ao AMPc, como poden ser [[factor de transcrición|factores de transcrición]] ou outros encimas como, por exemplo, [[quinase]]s dependentes do AMPc. No mecanismo de acción das [[hormona]]s que activan a AC, o AMPc denomínase [[segundo mensaxeiro]] (o primeiro mensaxeiro é a hormona).
|