Abrir o menú principal

Cambios

Le Havre
 
=== Exilio ===
En 1939 trasladouse a [[Francia]], pasou por diversos [[campos de concentración]] ata que, logo de varios intentos, conseguiu fuxir e chegar a [[París]] para buscar unha saída á súa situación, partindo a [[Sudamérica]]. No tren que o conducía ao porto de [[OLe Havre]] coñeceu a [[Amparo Segarra]], catalá que fuxía da represión franquista, que se converteu na súa compañeira.<ref>VV.AA., Eugenio Fernández Granell, Ministerio de Asuntos Exteriores, Dirección General de Relaciones Culturales y Científicas, Madrid, 2003.</ref>
 
Embarcaron cara [[Chile]] pero, ante a imposibilidade deste país para acoller a máis refuxiados, desvíanse á [[República Dominicana]], onde se instalou xunto a Amparo na capital, [[Santo Domingo de Guzmán|Ciudad Trujillo]]. Alí entrou a formar parte da Orquestra Sinfónica como primeiro violín. En [[1941]] coñeceu a [[André Breton]] ao entrevistalo para o diario ''La Nación''. Deste encontro xurdiu unha amizade que durou ata a morte deste en 1966. En 1944 publicou o libro de relatos ''El hombre verde''<ref name="Sala Dalmau">VVAA ''Eugenio F. Granell. Una visió surrealista'', Sala Dalmau de Barcelona. [http://www.saladalmau.com/es/artistas/Eugenio-GRANELL.htm VVAA Catálogo de Eugenio Granell en Sala Dalmau.Noviembre 2010 – enero 2011]</ref>