Batalla de Muros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig ints
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Historia: Le Havre
Liña 2:
 
==Historia==
Tralo fracaso español do ano [[1541]] no que [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos I]] tentara quitarlle a cidade de [[Alxer]] ó corsario turco [[Barbarossa]], o rei francés [[Francisco I de Francia|Francisco I]] violou a [[Tregua de Niza]] e declaroulle de novo a guerra a [[España]], aliado con [[Turquía]], [[Dinamarca]] e [[Suecia]]. Debido a iso, vulíu para formar unha escuadra coa que combater ás forzas navais de [[España]] e [[Inglaterra]], daquela aliadas. O propio monarca dirixiuse ó porto francés de [[OLe Havre]] para dirixir os preparativos destinados a repeler calquera ataque inglés. Ó mesmo tempo, foille encomendado ó vicealmirante De Burye armar unha segunda escuadra para atacar España, que foi alistada nas localidades de [[Bordeos]], [[Baiona, Francia|Baiona]] e [[Saint-Jean-de-Luz]]. O rei [[Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Carlos I]], temendo algunha acción francesa en augas do [[Golfo de Biscaia]], encargoulle a Álvaro de Bazán pai, capitán xeral das galeras de España, que se trasladase ó [[Mar Cantábrico]] e xuntase unha escuadra para tentar impedir o ataque francés. Para iso, don Álvaro formou unha escuadra con naves de [[Guipúscoa]] e [[Biscaia]], amais das da [[Irmandade das Catro Vilas]], xuntando axiña 40 naves de diversos tamaños, con base no porto cántabro de [[Laredo, Cantabria|Laredo]].
 
Cando Álvaro de Bazán pai recibiu a orde de transportar un corpo de infantería a [[Flandres]], tivo que dividila escuadra, e fixo a viaxe a [[Bruxas]] con 15 das 40 naves, chegando a aló a finais de xuño. Xusto entón, os franceses remataron os seus preparativos, e a escuadra francesa partíu do porto de [[Baiona, Francia|Baiona]] con 30 naves rumbo ás costas españolas. Na súa traxectoria foron apresados dous mercantes biscaíños, o cal alertou ó gobernador Sancho de Leiva, quen avisou a Álvaro de Bazán da presenza da escuadra francesa e do seu rumbo. Os franceses pasaron por augas de Laredo o [[10 de xullo]] sen decatarse da presenza da escuadra española, polo cal seguiron a súa marcha cara a Galicia.