San Salvador de Budiño, O Porriño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Usufruto.
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Historia: achados
Liña 19:
 
== Historia ==
Nas escavacións da construción da autovía Vigo-Portugal atopáronse restos prehistóricos de diferentes épocas, como útiles líticos do paleolítico, [[mámoa]]s, e cerámica campaniforme. Estes achádegosachados consérvanse no [[museo Quiñones de León]] de Vigo e no [[museo de Pontevedra]].
 
A igrexa parroquial de san Salvador ten a súa orixe nun mosteiro construído en [[1083]] pola [[orde de Cluny]], visitado en [[1092]] polo monxe [[Dalmacio]], nomeado posteriormente [[arquidiocese de Santiago de Compostela|bispo de Compostela]]. Esa primeira construción, ocupada por un prior, oito frades e un capelán comensal, tiña carácter provisional. A igrexa foi reconstruída a medidados do [[século XII]] por canteiros que traballaban na primeira fase da [[catedral de Tui]]. O mosteiro foi eliminado en [[1436]], agregándose as súas contas á Mesa Capitular de Tui e quedando o templo como igrexa parroquial. En [[1752]], sendo párroco [[Francisco Antonio Rodríguez de Gutín]], foi destruída en gran parte por mor dun raio, como testemuña a inscrición situada sobre a porta de entrada. Nesa época engadiuse o actual corpo de fachada e o corpo de naves. Foi reconstruída de novo no século XX despois dun gran incendio. Con todo, nin o raio nin o incendio afectaron en exceso á capela maior, que aínda conserva o estilo [[románico]] orixinal.